miércoles, 20 de agosto de 2008

Lavacolla e Lesende mediranse na primeira xornada de Segunda

O luns tivo lugar o sorteo dos calendarios da Segunda e Terceira Autonómica. As ligas comezarán o 7 de setembro e en Segunda, no grupo cuarto, na xornada inicial haberá un choque comarcal, o que disputarán o Lampón e o Abanqueiro. Nesta competición, o campión de liga ascenderá automaticamente a Primeira, mentres que os catro últimos baixarán a Terceira. Con todo, pódense incrementar pola fervenza de movementos nas categorías superiores.

A primeira xornada quedou da seguinte forma: Lavacolla-Lesende Concello de Lousame; Lampón-Abanqueiro; Porto do Son-Escravitude; Zona Vella-Cordeiro; Conxo-Velacruz: Dodro-Taragoña; Crocha-Bastavales; Oleiros-Cidade de Santiago B; e Agrón-Belvís.

Estrean categoría os conxuntos do Lesende, Zona Vella, Velacruz, Dodro e A Crocha.

martes, 1 de julio de 2008

Veracruz e Zona Vella, novidades en Segunda de Barbanza

Dúas serán as novidades que presentará o grupo cuarto de Segunda Autonómica para a próxima tempada, segundo a proposta que levarán os reitores da delegación compostelá da Federación Galega de fútbol ao plenillo zonal, que está convocado para as 20.30 horas de hoxe nas instalacións do Hotel Congreso, situado no municipio de Teo. Segundo esta proposta, que seguramente será aprobada, dous equipos de Santiago formarán no grupo barbancés: o Veracruz e o Zona Vella.

Xunto a estes dous novos colectivos estarán outros dezaseis conxuntos, dos cales sete son da área barbancesa: os ascendidos Crocha e Lesende-Lousame, Taragoña, Abanqueiro, Atlético Oleiros, Porto do Son e Sporting Lampón. Os demais son: Lavacolla, Agrón, Escravitude, Conxo, Cordeiro, Belvís, Bastavales, Cidade de Santiago B (descendido) e Dodro.

O campión dará o salto á Primeira Autonómica e os catro últimos caerán no pozo de Terceira, onde poderían ser arrastrados outros segundo cóllaos ou non a fervenza.

La Voz de Galicia

miércoles, 25 de junio de 2008

Néstor Romero Agra é o novo adestrador do Lesende

Néstor Romero Agra é o novo adestrador do Lesende


Todo apuntaba a que os clubs da comarca de Segunda Autonómica manterían maioritariamente nos seus bancos aos adestradores da pasada tempada. Con todo, o Lesende e o Sporting Lampón romperon a dinámica prevista.

O club do municipio de Lousame prescindiu dos servizos de Alfonso Balderrábano Mayo, que conduciu o cadro lesendista ao ascenso, para contratar a Néstor Romero Agra.

O técnico do conxunto cadete lousamiano anunciou que este ano deixará a actividade futbolística no Noia, debido a unha lesión crónica nun xeonllo, e que se fará cargo do persoal sénior lousamiana.

Manuel Pouso, presidente do Lesende, doutra parte, informou que o venres (21.30 horas) celebrarase unha asemblea extraordinaria para decidir un cambio de dirixentes ou para ratificar aos existentes. O primeiro directivo indicou que a súa continuidade dependerá de que se acepten certas condicións que esixe. Tamén informou de que o lateral e central Miguel Maroñas pediu a baixa para fichar polo Noia. O xogador chegou ao Lesende tras pasar polos xuvenís do Atlético Ribeira.

La Voz de galicia

martes, 24 de junio de 2008

Subcampionato de Copa do Sar

Non puido ser e o Lesende cadete non puido levanta-la copa de campión da Copa do Sar, logo de caer derrotado en Santa Isabel por 2 goles a 0 diante do Aguiño B. Como era de esperar a gran maioría dos xogadores do conxunto rival pertencían ó Aguiño A, recente campión da Liga Gallega e que xogará a vindeira campaña na División de Honra.
Os goles resultaron psicolóxicos, pois o primeiro veu dun centrochut dende a banda dereita que sorprendeu adiantado a Álex e o segundo veu tras un saque de esquina a piques de chegarse ó descanso. A entrada de Ramón na portería lousamiana na segunda metade pareceu dar tranquilidade ós lesendistas que, sen embargo, non foron capaces de concretar ningunha ocasión clara de gol para recortar distancias.

miércoles, 18 de junio de 2008

Este sábado, a gran final en Santiago

A Copa do Sar de cadetes será para un equipo da comarca

Xuventude Aguiño B e Lesende pelexarán polo cordón o sábado en Santiago

O campión da Copa do Sar cadete será da zona, pois a final protagonizarana o Xuventude Aguiño B e o Lesende. Tal como estaba previsto, os dous elencos superaron ao Ortoño e ao Calo nos dous envites das semifinais, respectivamente. O partido decisivo celebrarase o vindeiro sábado en Santiago e xogarase no campo de Santa Isabel, a partir das sete da tarde.

O cadro aguiñense, que tiña unha vantaxe de 4-2 da ida, non deu nin a máis mínima opción ao seu opoñente no recinto da Tasca, ante uns 100 espectadores, onde despediu ao Ortoño cun set (6-0). Antes do descanso, José Ángel , Viturro (2) e Ángel sentenciaron a eliminatoria. Despois, Viturro e Rubén completaron a goleada. Xuventude Aguiño: Chile; Crujeiras (Ander, min 50), Iago, Mario, Jiti, José Ángel , Dani, Ángel (Rubén, min 55), Adrián , Pardavila (Santi, min 60) e Viturro.

Dirixiu o partido Martínez Millán (delegación de Boiro). Sen ningún problema.

Cunha renda de 3-0 acudiu o Lesende ao terreo do Calo. O conxunto local saíu a cen. Empuxou aos de Néstor contra a súa parcela e someteunos a un acoso e derriba que obtivo o seu froito aos dez minutos (1-0). Pero cando o partido camiñaba cara ao descanso, Borja asestou un golpe baixo aos de Teo co 1-1 (min 35).

Intermedio

Despois do intermedio, os anfitrións volveron envorcarse. Os de Lousame souberon rendibiliza os espazos que deixaron ás súas costas e Adrián (min 45) rebentou o partido. O mesmo Adrián volvería estirar o marcador ata o 1-4 fronte un opoñente que xa baixara os brazos. Jorge selou o marcador co definitivo 5-1.

Lesende:

Álex (Ramón, min 30); Carlos, Julio , Xandre, Brais, Sergio, Oliver, Borja (Jesús, min 50), Trillo (o infantil Iván, min 67), Jorge e Adrián (o infantil Chicho, min 65).

O Concello de Lousame xa anunciou que porá un autobús a disposición dos afeccionados ou afeccionadas interesados e interesadas en acompañar ao equipo a Santiago. Aínda que para iso deberán anotarse ata o venres na oficina de deportes do Concello ou ben chamando aos teléfonos 981 820 494 e 620 859 345.

Tamén os aguiñenses porán un autobús para desprazarse ao recinto de Santa Isabel e apoiar ao seu elenco. Os interesados en viaxar poden apuntarse nas instalacións do campo da Tasca, desde onde partirá o vehículo o vindeiro sábado, a partir das 17.15 horas.

lunes, 16 de junio de 2008

miércoles, 30 de abril de 2008

La Voz de Galicia, 30/04/08

O Lesende logra o ansiado ascenso tras vencer ao Bealo na Lomba

Un gol de Hugo aos 20 minutos deu os tres puntos aos de Lousame nun campo cun cheo absoluto





O Lesende acompañará a próxima tempada ao Crocha na súa travesía pola Segunda, logo de vencer pola mínima (0-1) no feudo do Galicia de Bealo. Un gol de falta directa lanzada desde un lateral por Hugo serviu aos de Fonsi para lograr o ansiado ascenso.

O choque, disputado na Lomba, que rexistrou un cheo absoluto, seguiu o guión establecido por ambos os contendentes. Os locais, sabedores de que o empate lles valía para subir, saíron a contemporizar o xogo e a aproveitar os ocos que puidesen deixar os lousamianos en defensa. Pero todo veu abaixo aos vinte minutos de xogo. Hugo saca unha falta desde un lateral e o balón entra axustado ao segundo pau da meta defendida por Roberto sen que ninguén chegase a tocar o esférico.

A partir de aquí, os de Boiro cambiaron o chip. A posesión do coiro pasou a ser do Bealo, que empezou a merodear a portería defendida por un Juan Manuel, que resultou vital no partido, xa que salvou tres man a man ante os dianteiros locais.

Balóns ao área

Os boirenses atacaban máis co corazón que coa cabeza. Os xogadores do Bealo limitábanse a abusar dos balóns aéreos para ver se Raúl e Edu conseguían equilibrar o choque, pero a defensa visitante defendíase con orde.É máis, os dianteiros do Lesende tiveron dous contragolpes moi claros no segundo tempo para finiquitar o partido, pero Alberto Rial de forma incomprensible non os aproveitou. No primeiro, o coiro saíu por encima da portería logo de driblar ao cérbero. No segundo, e tras romper o fóra de xogo, plantouse diante de Roberto e a súa vaselina saíu desviada. Ao final, o Lesende mantivo a súa vantaxe no marcador.

Galicia de Bealo: Roberto, Mauri, José, Beni, Joni, Roberto, Juan Ramón, Sergio García, Sergio Vidal, Edu e Raúl. Tamén xogaron Carolo, Óscar e Machada.

Lesende: Juan Manuel, Chicho, Pana, Roberto, Juanma, Bernabé, Felipe , Julio Lago, Alberto Rial, Hugo e Fran. Tamén xogaron Ángel , Álex, Jorge e Miguel.

lunes, 28 de abril de 2008

Estadísticas da tempada

-Dos 17 partidos da primeira volta o Lesende gañou 11, empatou 3 e perdeu 2, para un total de 36 ptos. 37 goles a favor e 13 en contra.
-Dos 17 partidos da segunda volta o Lesende gañou 11, empatou 4 e perdeu 1, para un total de 37 ptos. 41 goles a favor e 16 en contra.

2 voltas moi idénticas; isto é unha proba da regularidade do equipo

Os goleadores foron os seguintes.

-Alberto Rial --> 23 goles
-Julio --> 18 goles(2 de penalti)
-Fran e Hugo --> 7 goles
-Jorge --> 6 goles
-Ángel --> 3 goles(1 de penalti)
-Bernabé, Campos e Chicho --> 2 goles
-Juanma, A. Teira, Miguel, Adrián, Rober e Álex --> 1 gol
-En propia porta --> 2 goles

Na Copa do Sar, polo momento:

2 partidos, 2 victorias

5 goles a favor (2 de Alberto Rial, 2 de Jorge e 1 de E. Teira), 0 goles en contra

Clasificación final da Liga de Terceira Autonómica
























Ó final rematamos como equipo menos goleado. Adeus Terceira!!!

6 anos despois...

6 anos despois, e novamente en plenas festas de San Marcos, o Lesende C.F. volve a acadar o ascenso á Segunda Autonómica.

A pesares de xogar fóra da casa, contra un rival que xa superaba os 100 goles a favor, de non poder contar co adestrador por motivos laborais e de atoparnos nunha fin de semana de festas, O equipo botoulle ó que lle había que botar e sacou adiante o partido con moito esforzo e con moita seriedade defensiva.

Un solitario gol de Hugo no minuto 20, tras un saque de falta que ninguén chegou a tocar e que se colou mansamente na portería local, serviu para lograr a victoria que nos devolve 2 anos despois á categoría que nunca debemos de abandonar.

Sen esquecernos de ningún dos 19 xogadores que onte estaban en condicións de xogar (aínda que só puideron ser 16 os convocados), a gran protagonista do partido foi a defensa lesendista comandada por un impresionante Juan Manuel, co que de seguro os dianteiros bealistas tiveron pesadelos esta noite.

E agora a disfrutar ca Copa do Sar.

jueves, 24 de abril de 2008

O Bealo e o Lesende disputaranse a outra praza de ascenso a Segunda

Este fin de semana finalizará a tempada en Terceira Autonómica cun auténtico prato forte: o choque entre o Galicia Bealo e o Lesende na Lomba. En xogo está a outra praza de ascenso a Segunda e acompañar así ao Crocha, que xa conseguiu o seu obxectivo fai dúas xornadas.

A situación actual é a seguinte. O Bealo totaliza 73 puntos, tres máis que os lousamianos. No partido de ida, disputado en Cabanetán, o resultado foi de 1 a 0 a favor do Lesende, polo que, en caso de vitoria foránea, serían os de Lousame os que subirían. Calquera outro resultado favorecería ao conxunto boirense.

Á última xornada ligueira chegan ambos os contendentes logo de cultivar sendas vitorias contundentes. O Lesende desfíxose (5-0) do Unión B, mentres que o Bealo noqueou ao Artes (2-8) en Trumiáns.

Paco Ribadulla, directivo do Galicia Bealo, comentou que o partido é clave para ambos os contendentes, «pero o Lesende terá que arriscar máis porque só lle vale o triunfo». Ribadulla prognostica que o choque do domingo vai ser moi igualado e que se pode decidir nunha xenialidade dun xogador ou unha xogada illada a balón parado. Para o directivo é moi importante conseguir o ascenso logo de perder a categoría fai agora un ano. «Queremos subir coa intención de manternos en Segunda e quitar, dunha vez por todas, o cartel de equipo ascensor», sentenciou.

Pola súa banda, o xogador do Lesende Juan Manuel Villaverde mostrouse moi optimista con respecto a este transcendental partido. «Imos coa idea de levarnos os tres puntos e conseguir algo que sería moi bonito para nós. Sabemos que será difícil pero xa lles gañamos na ida e podemos repetir», sinalou.

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/04/24/0003_6760241.htm?idioma=galego

martes, 22 de abril de 2008

2 equipos para un posto

























Non pinchou o Bealo e a contundente victoria do Puebla non lle serve para ter opcións na derradeira xornada, na que a segunda praza decidirase no campo da Lomba o vindeiro domingo, ás 5 da tarde.

sábado, 19 de abril de 2008

Lesende - Unión B.

O Lesende C.F. despideu a temporada como local con unha gran victoria por 5 goles a 0 diante do Unión B.

Nunha tarde de bastante choiva o Lesende púxose axiña por diante do marcador, pois ós 4 minutos xa vencía por 2-0, tras sendos golazos: o primeiro de Hugo con un potente disparo desde uns 30 metros e o segundo de Julio tras unha preciosa xogada entre el e Fran.

O terceiro e cuarto goles tamén chegarían antes do descanso, anotados por Alberto Rial: o primeiro ó rematar no segundo pau un centro ó que non chegou Fran por pouco e o segundo de libre directo ó que o porteiro só lle puido facer a estatua.

O quinto e definitivo anotaríao Jorge, que entrara no descanso, mediada a segunda metade apoveitando unha perfecta asistencia de Pana.

Neste partido reapareceron Juan Manuel, logo de cumplir os tres meses de sanción, e Ángel, recuperado da súa lesión no xeonllo.

O vindeiro domingo partido a vida ou morte en Bealo.

Fin de Liga para infantiles e xuveniles

TERCEIRA AUTONÓMICA

























XUVENILES


















INFANTILES

























Non puido ser e os infantiles non acadaron a permanencia na primeira autonómica. Espectacular a remontada do Compostela que sacou adiante partidos contra os primeiros clasificados. Algo tivo que pasar ahi para un cambio tan grande.

Os xuveniles despiden a temporada con unha victoria na casa.

domingo, 13 de abril de 2008

Cures -Lesende

Con moitas dificultades sacou adiante o Lesende o seu partido en Cures, ó que derrotou por 1 gol a 3. As previsións non eran nada optimistas posto que con Juan Manuel aínda sancionado, con Alberto Tubío desaparecido, con Siso lesionado e co porteiro cadete Ramón sen poder asistir ó partido por diferentes motivos (que non vamos entrar a comentar pero que deixan en mal lugar a algunha que outra persoa), tivo que ser o dianteiro Alberto Rial o que se puxera baixo os paus os 90 minutos.

Ós 10 minutos, unha boa xogada trenzada acabou con un pase a Álex, o cal, tras regatear ó porteiro, anotou ca zurda e con suspense. Sen embargo e a pesares de xogar con vantaxe no marcador, o Lesende practicamente desapareceu do partido, pasando o a ser o dominio do Cures, sobre todo tra-lo descanso.

Nada máis iniciarse a segunda metade, Alberto Rial sacou incriblemente co pé un balón que xa se cantaba gol. O dominio continuaba a ser local e o Lesende non atopaba forma de sacar o balón xogado con claridade. Pero na metade do segundo tempo Hugo, tras unha gran xogada individual puxo o 0-2 no marcador, que semellaba ser o da tranquilidade. Sen embargo o Cures non renunciou ó ataque e continuaba volcándose cara a portería lesendista, e froito diso acortaron distancias tras un corner.

Pero pouco lles durou a alegría pois Jorge, que levaba 5 minutos no campo e reaparecía tras case 3 meses, culminou un contrataque aproveitando un pase de Julio para colocar preto da escadra dereita da portería rival o balón que significou o 1-3 definitivo.

O vindeiro partido este sábado en Cabanetán diante do Unión B.

lunes, 7 de abril de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA

























XUVENILES




















INFANTILES
























O Crocha xa é novo equipo de Segunda Rexional, pois leva 9 puntos de vantaxe cos 2 seguintes clasificados a falta de 3 partidos por xogarse e ten o golaveraxe favorable en ambos casos. Isto supón que soamente queda 1 plaza de ascenso, pola que loitan 3 equipos: O Galicia Bealo, O Lesende e o Puebla. Mentres que os 2 primeiros dependen de si mesmos para lograr o ascenso(3 victorias de calquera deles garanten o segundo posto), o Puebla precisa vencer os seus partidos e agardar que os 2 equipos que o preceden pinchen.

Se, como é lóxico, o Bealo saca adiante o partido que ten suspendido(gañando 1-2 e con superioridade numérica) e nen o Portosín nen o Artes(próximos rivais) son capaces de arrancar algún punto nos seus enfrontamentos, todo se decidirá na derradeira xornada, que nos depara un apaixoante Bealo - Lesende. Isto tendo en conta que o Lesende venza nos 2 vindeiros partidos, o que suporía chegar a Bealo cunha desvantaxe de 3 puntos.

O Puebla ten por diante 2 partidos doados(Queiruga e Nebra) e na derradeira xornada recibe ó Aguiño. A lóxica di que sacará os 9 puntos. Se o Bealo vence nos 2 próximos partidos e máis no que ten pendente, o Puebla chegaría á derradeira xornada a 4 puntos e sen opcións.

Resumindo, as únicas opcións do Lesende pasan por vencer o domingo no sempre difícil campo do Cures, derrotar ó Unión B. na casa na penúltima xornada e gañarlle ó Bealo a domicilio na xornada que pechará o campionato.


Cambiando de categoría, os infantiles están con pé e medio na segunda autonómica despois da sorprendente victoria(non queremos pensar mal) do Compostela no campo do segundo clasificado. Necesitaría derrotar ó Silleda a domicilio e que o Compostela perdera o seu partido, posto que os separan 3 puntos pero o golaveraxe é favorable ó conxunto lesendista.

domingo, 6 de abril de 2008

Lesende - Puebla

Co empate inicial rematou un dos 2 partidos claves desta xornada, o que enfrontou en Cabanetán(con moi boa entrada) ó Lesende e ó Puebla. Dada a importancia do partido a Federación enviou 2 xuíces de liña.

O partido discurría con normalidade, cos 2 equipos respetándose mutuamente e con poucas ocasións de gol. A máis clara da primeira metade foi do Lesende, con un remate de cabeza de Alberto Rial que sacou o porteiro e o balón foise a corner logo de bater no longueiro. Pero no minuto 40 o árbitro encargouse de cambia-las cousas tras expulsar rigurosamente a Villa por doble cartón amarelo cando soamente cometera 2 faltas en todo o encontro. Neses intres o Lesende cometera 6 faltas e recibira 4 tarxetas, cousa que non sucedía co equipo rival.

A partires da expulsión o Puebla tomou o mando do partido e estivo a piques de poñe-lo 0-1 con un remate que sacou Berna baixo paus. Sen embargo, e pese a xogar en superioridade durante máis de 50 minutos, esa foi a única ocasión clara do Puebla en todo o partido. O Lesende pouco a pouco foise asentando no campo e sacando bos contragolpes. Un deles puido cambia-lo resultado final pois Julio foi derribado dentro da área cando se ía só cara a porta. Sen embargo nen o xuíz de liña nen o árbitro quixeron saber nada e sinalaron falta ó borde da área. E a pesares de ser unha ocasión de gol tampouco sacaron cartón amarelo ó defensa pueblista, o que suporía o segundo e, por tanto, expulsión.

Cabe destacar o bo partido da defensa lesendista tra-la expulsión, en especial de Berna e Rober e do porteiro cadete Ramón, moi seguro durante todo o encontro. Tamén destacar o bo partido de Felipe que reaparecía tras varios partidos e que dou equilibrio no centro do campo nos 40 minutos que xogou na segunda metade.

Se é certo o que se comentaba ó final do encontro de que o Crocha vencera no seu duelo contra o Bealo, esto supón que o Lesende depende exclusivamente de si mesmo para acada-lo ascenso, sempre e cando venza nos 3 partidos que restan.

lunes, 31 de marzo de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA

























INFANTILES

























XUVENILES



















As cousas seguen igual na cabeza da táboa, ó venceren onte os 4 primeiros clasificados. O Crocha está virtualmente ascendido e na vindeira xornada un dos outros tres equipos pode quedar descartado para o ascenso. Esperemos que ese equipo sexa o Puebla.

No tocante ós infantiles, están practicamente descendidos pois necesitarían puntuar nalgún dos 2 partidos restantes e que o Compostela non o faga.

domingo, 30 de marzo de 2008

Olveira - Lesende

Con un resultado de 1-4 solventou o Lesende a súa visita ó campo do Olveira. Pese ó que poida parecer polo resultado, non foi un partido doado pois o conxunto local adiantouse cedo no marcador ó transformar un penalti cometido por Juanma. O Lesende non chegaba con claridade á meta rival e cometía numerosas imprecisións nos pases. Sen embargo as cousas comezaron a cambiar no borde do descanso gracias á expulsión dun xogador local por derribar a Alberto cando se iba só cara a porta. Pouco despois Julio lanzou fóra un penalti sinalado por unhas mans na área.

Non pintaban ben as cousas,sen embargo na segunda metade o Lesende saiu máis enchufado e doulle a volta ó marcador gracias a 2 goles de Alberto Rial. Rober anotou o terceiro de cabeza á saída dun corner e Fran cerrou a conta goleadora ó empuxar a placer un pase da morte de Julio.

A destacar o debut na portería de Ramón, porteiro do equipo cadete, o que supón o noveno porteiro diferente nesta tempada(o citado Ramón, os porteiros do equipo xuvenil Manuel e Tono, Juan Manuel, Alberto Tubío, Siso, Rober, Jorge e Alberto Rial)

martes, 25 de marzo de 2008

Resolución do Bealo - Unión B.

Nada cambia na clasificación



lunes, 24 de marzo de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA

























XUVENILES




















INFANTILES
























Á espera de saber que aconteceu no partido do Bealo, os outros 2 equipos que loitan polo ascenso (aparte do Lesende) sacaron adiante os seus partidos, ó parecer non con moita comodidade vistos os resultados apretados.

Os xuveniles aproveitaron a visita á casa do colista para golear con facilidade e os infantiles sumaron 4 puntos moi importantes nos 2 partidos xogados esta semana: derrotaron ó Silleda por 5-2 e empataron a un gol co Abanqueiro. Na vindeira xornada teñen un partido a vida ou morte na casa do Boiro.

domingo, 23 de marzo de 2008

Lesende - Baroña

Nu partido moi malo e con moitas imprecisións o Lesende impúxose na casa ó Baroña por dous goles a cero. O primeiro gol tardou en chegar ata moi avanzado o primeiro tempo gracias a un penalti(que supuxo a expulsión do porteiro visitante) anotado por Alberto Rial. O segundo conseguiríao Julio mediada a segunda metade.

jueves, 20 de marzo de 2008

Avanzamos na Copa

Logo de impoñerse esta tarde no campo do Luou por 0-2 o Lesende avanza outra ronda na Copa do Sar, cousa que non se producía dende hai varios anos. Cun equipo plagado de xente que non soe xogar habitualmente e con varios xuveniles(porteiro incluido) na aliñación chegouse ó descanso co empate inicial.

No saque de centro da segunda, Alberto Rial anotou de lanzamento directo dende o punto central, gracias en parte ó exceso de confianza do porteiro local. Eduardo Teira que, por motivos laborais, tivo que deixar o equipo a principios de temporada anotou o 0-2 definitivo a pouco para o final.

Alberto Rial xogou os últimos 15 minutos de porteiro e incluso chegou a parar un penalti.

lunes, 17 de marzo de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA























XUVENILES





















INFANTILES

domingo, 16 de marzo de 2008

Xuventú Aguiño - Lesende

Novo pinchazo contra o Aguiño e novos 2 puntos que se perden no camiño. O partido de hoxe rematou cun empate a un gol que practicamente non serve de nada. Adiantaronse os locais ós 15 minutos con un tiro dende fora da área que botou mal xusto cando Siso estaba a piques de deter o esférico. Ós 15 da segunda Julio acadou o empate. Un partido máis os dianteiros lesendistas non estiveron acertados diante da portería contraria pois entre Hugo, Alberto e Julio fallaron ata 5 man a man contra o porteiro do Aguiño.

martes, 11 de marzo de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES




















CADETES(ASI REMATA A LIGA)
















INFANTILES
























Dependendo de como se den os resultados, na vindeira xornada podemos poñernos a 2 puntos do primeiro posto, pero todo pasa por vencer en Aguiño. Da mesma forma, a salvación dos infantiles pasa por vencer ó Compostela a domicilio, cousa que serviría para subir un posto na clasificación en non descolgarse do Conxo B e Santiago B, que non deberían de ter problemas para vencer nos seus encontros.

lunes, 10 de marzo de 2008

Os resultados volven a acompañar

Ca victoria de onte (4-0) e grazas ós pinchazos do Puebla en Cabo de Cruz (3-1) e do Bealo en Cruído (2-2), as cousas igualanse na cabeza e volvemos a estar a só 2 puntos das plazas de ascenso.
O partido contra o Nebra non tivo historia. Os nebristas resistiron durante 20 minutos ata que Alberto Rial abreu o marcador de semichilena dende o borde da área, rematando un bo centro de Eloy. O mesmo Alberto Rial, ó aproveitar varios barullos na área, anotou outros 3 goles máis antes de chegar ó descanso. Na segunda metade o marcador non se moveu.

Na vindeira xornada temos unha moi complicada saída ó campo do Xuventude Aguiño. Unha hipotética victoria serviría para recortar alomenos 2 puntos máis con algún dos equipos da cabeza, xa que o Crocha e o Puebla enfrontanse entre si e o Bealo recibe ó Xuño.

Debido a problemas co servidor, non é posible subir as clasificacións hoxe. A ver se mañan hai máis sorte.

viernes, 7 de marzo de 2008

Título e ascenso para o equipo cadete do Lesende/Lousame

Título e ascenso para o equipo cadete do Lesende/Lousame



Tras endosar un espectacular 8-0 ao Boiro na penúltima xornada, o Lesende/Lousame proclamouse campión do grupo barbancés de fútbol cadete e á vez conseguiu o ascenso á Primeira Autonómica da categoría, na que militará a próxima tempada.


Conducido por Néstor Romero , o cadro lesendista, a falta dun partido, leva contabilizados 87 goles a favor e 7 en contra. O técnico conta cun persoal formado polos metas Ramón Piso e Alejandro Pouso; os defensas Brais Blanco , Carlos Romero , Brais Martínez, Alexandre López, Julio Sueiro, os centrocampistas Óliver Fernández, Rubén Trillo, Borja Somoza, Jesús Martínez e Sergio Gallardo, e os dianteiros Jorge Froján e Adrián Sueiro.

La Voz de Galicia

lunes, 3 de marzo de 2008

Mal fin de semana

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES























CADETES




















INFANTILES
























Mal fin der semana para o equipo senior lesendista. O sábado recibiu un novo gol na disputa dos 8 minutos que quedaban do partido en Xuño, co que o resultado definitivo queda en 4-2. E o domingo quedaron 2 puntos no camiño tras empatar a 2 no campo do Queiruga. A pesares de chegar ó descanso con un 0-1 favorable(gran gol de Alberto Rial desde fora da área) e de acada-lo 0-2 ós 10 minutos da reanudación por medio de Julio, o Lesende non foi quen de manter esa renta de dous goles e acabou por ceder un empate tras 2 erros defensivos que foron aproveitados polo dianteiro centro do equipo local. Aparte dos 2 goles o Queiruga só dispuxo de outra ocasión máis, mentres que o Lesende tivo varias claras, tanto de Julio como de Fran ou Alberto. Unha pena eses 2 puntos que poden ser moi necesarios ó final da temporada.

No tocante á categorías inferiores unha de cal e outra de area. Os infantiles perderon pola mínimano campo do Conxo B e practicamente din adeus á categoría. Sen embargo os cadetes acadaron o título de Liga e o correspondente ascenso tras vapulear ó Boiro B en Cabanetán.
Os xuveniles descansaron.

viernes, 29 de febrero de 2008

Calendario do mes de Marzo

01/03/08

XUÑO SD VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

(suspendido no minuto 81 co resultado de 3-2)

Xornada 26 - 02/03/2008

U.D.QUEIRUGA VS LESENDE C.F. C. LOUSAME


Xornada 27 - 09/03/2008

LESENDE C.F. C. LOUSAME VS NEBRA C.F.


Xornada 28 - 16/03/2008

S.D. XUVENTU AGUIÑO VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

COPA DO SAR - 20/03/08

LUOU
VS LESENDE C.F. C. LOUSAME


Xornada 29 - 23/03/2008

LESENDE C.F. C. LOUSAME VS BAROÑA, C.F.


Xornada 30 - 30/03/2008


OLVEIRA C.F. VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

lunes, 25 de febrero de 2008

Sorpresas na cabeza da clasificación

TERCEIRA AUTONÓMICA
























CADETES
















INFANTILES
























A xornada de onte, na que o Lesende descansaba, resultou bastante favorable xa que 2 dos 3 equipos da cabeza pincharon. O líder Bealo perdeu na casa diante do Unión B e o Puebla non puido pasar do empate no campo do Xuño.

No tocante ás categorías inferiores hai que destacar o meritorio empate acadado polos xuveniles diante do colíder Porto do Son(non poñemos a clasificación xa que na web de El Correo Gallego hai un erro).

Os cadetes apabullaron ó Carreira a domicilio por 0 goles a 7 e na vindeira xornada proclamaranse campións se derrotan en Cabanetán ó Boiro B.

Na primeira autonómica de infantiles as cousas seguen como a semana pasada. Na vindeira fin de semana xogarase o partido clave para a permanencia, xa que o Lesende visita o campo do Conxo B, do cal lle separa soamente 1 punto na clasificación. Soamente nos vale a victoria.

miércoles, 20 de febrero de 2008

Resolucións da Federación Galega de Fútbol (19-02-08)

Xa hai data para a disputa dos minutos restantes do partido en Xuño





No tocante á reclamación efectuada por lo Crocha, este é o veredicto:



Pinchar nas imaxes para ve-las ampliadas

lunes, 18 de febrero de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES




















CADETES
















INFANTILES























Ca victoria de onte e graciás á axudiña que nos prestou o Cruído gañando na casa do Puebla, agora hai un triple empate a 52 puntos na loita pola segunda posición. A vindeira xornada, na que o Lesende descansa, ten como alicientes 2 partidos entre equipos da zona alta: o Crocha recibe ó Aguiño e o Xuño recibe ó Puebla. Todo o que non sexa a victoria dos equipos pobrenses sería ben recibido.

No tocante ás categorías inferiores case todo son resultados positivos:

*Os xuveniles impuxéronse a domicilio na casa do Taragoña, por 1 gol a 3.

*Os cadetes deixaron practicamente sentenciado o campionato tras impoñerse ó Atlético Oleiros, segundo clasificado, por un contundente 5-0.

* Os infantiles, como era de esperar xa que agora tocalles xogar cos equipos da zona alta, perderon o seu partido. A boa noticia é que o Conxo B, rival na loita pola permanencia tamén perdeu.

domingo, 17 de febrero de 2008

Lesende - Artes

Con moita dificultade logrou o Lesende sacar os 3 puntos no partido contra o Artes, gracias a un gol de Alberto Rial no tempo de desconto. Foi un partido raro, con inumerables ocasións para o Lesende que non encontraban porta. O Artes so chegou con perigo nun par de xogadas en cada tempo, mentres que o Lesende dispuxo de máis de 20 oportunidades claras de gol, incluidos 2 disparos ó longueiro de Fran e Eloy. O árbitro estivo correcto pero perxudicou ós locais ó non sinalar penalti en alomenos 2 xogadas de Hugo dentro da área.

Como dato negativo cabe destaca-la lesión de Ángel, no seu maltreito xeonllo, o que fai incrementar o número baixas por lesión do equipo lesendista, e que se une ás de Pana, Campos, Casais, Teira e Jorge, ademáis da de Juan Manuel por sanción.

lunes, 11 de febrero de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES



















CADETES
















INFANTILES



























Ca victoria de onte, o Lesende recorta 2 puntos con especto ós 2 primeiros clasificados, que empataron o partido que os enfrontaba. Seguimos ocupando a cuarta posición, xa que temos o golaveraxe perdido co Crocha. Precisamente este equipo (como xa acontecera o ano pasado) ante a imposibilidade de gañar no terreo de xogo tenta gañar o partido nos despachos denunciando unha posible aliñación indebida de Siso( o ano pasado tamén denunciaran aliñación indebida do porteiro Pouso). Esperemos que a Federación Galega de Fútbol confirme que ó inicio do partido toda a documentación estaba en regla.

Respecto das categorías inferiores, o partido dos xuveniles foi suspendido, e os cadetes descansaron e agora so contan con 1 punto de vantaxe co Atético Oleiros. Precisamente este equipo visita o vindeiro domingo Cabanetán. Unha victoria local deixaría o título sentenciado.
Os infantiles gañaron o seu partido e agora é cando se botan en falta os 2 puntos perdidos a semana pasada, xa que con eses 2 puntos agora mesmo estariamos fora dos postos de descenso.

domingo, 10 de febrero de 2008

Portosín - Lesende

Con un resultado favorable de 1-3 despachou o Lesende o seu partido na casa do Portosín.
A primeira metade foi de dominio lesendista xa desde o pitido inicial, pois Alberto Rial disparou ó pau cando aínda non se cumpliran os primeiros 15 segundos. Cinco minutos despois Julio adiantou ós conxunto lousamiano ó culminar un pase de Chicho. O Lesende dispuxo de varias ocasións na primeira metade, tanto de Julio como de Alberto Rial, que non atoparon portería. A única chegada dos portosinenses á meta defendida por Siso foi aproveitada por Mara, xogador africano do Portosín, para nivelar o encontro cun espléndido remate de cabeza.

Na segunda metade o dominio foi alterno, con ocasións para os 2 bandos. Julio, coa colaboración do porteiro local, volveu a adiantar ó Lesende con un gran disparo ca esquerda, e pouco despois estrelou un balón no longueiro. Sen embargo, a partires deste gol os locais puxeron cerco á meta lesendista con inumerables ocasións, que foron solventadas por Siso e pola defensa.

Co tempo cumplido, Julio completou o resultado co seu terceiro gol da tarde.

viernes, 8 de febrero de 2008

Novo membro da familia lesendista

Hoxe gustamos de anunciar que chegou ó mundo un novo membro da familia lesendista. Trátase do fillo de Villa, que levará o nome de Lois, e que naceu con case 3,5 kg de peso. Noraboa para Villa e a súa muller Mar.

lunes, 4 de febrero de 2008

Carnavais 2008

TERCEIRA AUTONÓMICA

























XUVENILES



















CADETES

















INFANTILES
























Presentábase un partido complicado o de onte, coa visita do Crocha, terceiro clasificado. O partido respondeu ás espectativas e os dous equipos demostraron porque ocupan as posicións altas da clasificación. Con alternativas para os dous bandos, sen embargo as ocasións máis claras na primeira metade foron para o Lesende, pero faltou puntería. Na segunda metade os visitantes dispuxeron de varias ocasións que foron desbaratadas por Siso, porteiro que defenderá a porta lesendista ata fin de temporada debido á sanción de Juan Manuel.
O Lesende adiantouse no marcador mediada a segunda metade, tras un gran disparo de Hugo desde fora da área, que entrou tras bater o balón no longueiro. Sen embargo, a 10 minutos para o final, o árbitro sinalou penalti a prol dos visitantes por mans de Villa dentro da área; penalti moi riguroso pois, aínda que o balón efectivamente golpeou no brazo do central, éste tiñao pegado ó corpo e non houbo voluntariedade na acción. O colexiado lalinense non opinou o mesmo e o Crocha acadou o gol do empate por mediación de Butra.
Con este resultado e ca derrota no partido de ida, o golaverage particular queda favorable ó Crocha.

No tocante ás categorías inferiores, ningún dos 3 equipos coñeceu a derrota.

*Os xuveniles acadaron un meritorio empate en Abanqueiro, tendo en conta que se presentaron con soamente 10 xogadores e cun xogador de campo actuando como porteiro. Pese a adiantarse 3 veces no marcador acabaron empatando a 3 e con 7 xogadores debido a varias expulsións.

*O equipo cadete segue contando os seus partidos por victorias e comandando a clasificación con autoridade.

*O equipo infantil dou un paso atrás, xa que empatou sen goles diante do colista e o seu máis inmediato rival pola permanencia gañou o seu partido, polo que aumentou a distancia entre ámbolos 2 equipos.

sábado, 2 de febrero de 2008

Calendario de Febreiro

Xornada 22 - 03/02/2008

LESENDE C.F. C. LOUSAME vs CROCHA BALOMPE, C.F.


Xornada 23 - 10/02/2008

D. PORTOSIN vs LESENDE C.F. C. LOUSAME


Xornada 24 - 17/02/2008

LESENDE C.F. C. LOUSAME vs C.D. ARTES


Xornada 25 - 24/02/2008

LESENDE C.F. C. LOUSAME descansa

miércoles, 30 de enero de 2008

lunes, 28 de enero de 2008

Derradeira xornada de xaneiro

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES



















CADETES
















INFANTILES
























O Lesende impúxose onte no sempre difícil campo do Cabo de Cruz, por un gol a tres. Alberto Rial foi o gran protagonista ó marcar 2 goles dos chamados psicolóxicos: o primeiro a un minuto para o descanso e o segundo 1 minuto despois da reanudación.
Ós 10 minutos da segunda parte os locais acortaron distancias e Julio, a 10 minutos para o remate do encontro, anotou o gol da tranquilidade.
Destacar a racha goleadora de A. Rial, que leva 4 partidos consecutivos marcando, e nos tres últimos con un doblete en cada un deles.

No tocante ás categorías inferiores, os xuveniles saíron goleados do campo do líder. Os cadetes lograron unha nova victoria a domicilio e os infantiles fixeron o mesmo: derrotaron ó penúltimo por un claro 0-6 e deben aproveitar o vindeiro partido na casa(diante do colista) pra acadar unha nova victoria que os saque dos postos de descenso.

lunes, 21 de enero de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES


















CADETES
















INFANTILES























*Co pinchazo do Crocha en Portosín adiantamos unha posición, aínda que é unha posición enganosa pois eles xa descansaron e o partido que o Lesende ten suspendido case con toda seguridade rematará con derrota.

*Os xuveniles aproveitaron a visita á casa do colista pra conseguir una cómoda victoria.

*Os cadetes seguen ó seu; desta vez derrotaron ó terceiro clasificado e xa sacan 7 puntos ó Atlético Oleiros, aínda que con 2 partidos máis disputados que os ribeirenses. Senembargo hai que ter en conta que teñen que visitar Cabanetán, e que ós lesendistas podelles valer o empate.

* Os infantiles seguen a perder por goleadas, debido en gran parte a que están a xogar contra os equipos da zona alta. A próxima fin de semana teñen unha gran oportunidade para resarcirense de tanta derrota xa que visitan a casa do penúltimo clasificado.


PD. Como curiosidade, pinchando no primeiro enlace que hai á dereita poderedes ver unha lista detallada dos partidos disputados. Aquí unha mostra dos derradeiros 3 meses e medio que levamos sen coñece-la derrota(en partidos finalizados).