miércoles, 30 de enero de 2008

lunes, 28 de enero de 2008

Derradeira xornada de xaneiro

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES



















CADETES
















INFANTILES
























O Lesende impúxose onte no sempre difícil campo do Cabo de Cruz, por un gol a tres. Alberto Rial foi o gran protagonista ó marcar 2 goles dos chamados psicolóxicos: o primeiro a un minuto para o descanso e o segundo 1 minuto despois da reanudación.
Ós 10 minutos da segunda parte os locais acortaron distancias e Julio, a 10 minutos para o remate do encontro, anotou o gol da tranquilidade.
Destacar a racha goleadora de A. Rial, que leva 4 partidos consecutivos marcando, e nos tres últimos con un doblete en cada un deles.

No tocante ás categorías inferiores, os xuveniles saíron goleados do campo do líder. Os cadetes lograron unha nova victoria a domicilio e os infantiles fixeron o mesmo: derrotaron ó penúltimo por un claro 0-6 e deben aproveitar o vindeiro partido na casa(diante do colista) pra acadar unha nova victoria que os saque dos postos de descenso.

lunes, 21 de enero de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES


















CADETES
















INFANTILES























*Co pinchazo do Crocha en Portosín adiantamos unha posición, aínda que é unha posición enganosa pois eles xa descansaron e o partido que o Lesende ten suspendido case con toda seguridade rematará con derrota.

*Os xuveniles aproveitaron a visita á casa do colista pra conseguir una cómoda victoria.

*Os cadetes seguen ó seu; desta vez derrotaron ó terceiro clasificado e xa sacan 7 puntos ó Atlético Oleiros, aínda que con 2 partidos máis disputados que os ribeirenses. Senembargo hai que ter en conta que teñen que visitar Cabanetán, e que ós lesendistas podelles valer o empate.

* Os infantiles seguen a perder por goleadas, debido en gran parte a que están a xogar contra os equipos da zona alta. A próxima fin de semana teñen unha gran oportunidade para resarcirense de tanta derrota xa que visitan a casa do penúltimo clasificado.


PD. Como curiosidade, pinchando no primeiro enlace que hai á dereita poderedes ver unha lista detallada dos partidos disputados. Aquí unha mostra dos derradeiros 3 meses e medio que levamos sen coñece-la derrota(en partidos finalizados).

domingo, 20 de enero de 2008

Lesende - Sálvora

Com moitos apuros solventou o Lesende o partido contra o Sálvora na casa. A pesares de que no minuto 30 o marcador sinalaba un claro 4-1 a prol dos locais(goles de Chicho, Alberto Rial, Hugo e Julio), os visitantes saliron máis enchufados na segunda metade e lograron empatar o encontro e dispuxeron de oportunidades pra porse por diante.
Co 4-2 Julio marrou un gol a portería baleira que podería ser o gol da tranquilidade.
Alberto Rial a 5 minutos do final anotou o gol da victoria.
Resultado final: 5-4

sábado, 19 de enero de 2008

Resolucións momentáneas do Xuño - Lesende



Pinchar para ver ampliado

lunes, 14 de enero de 2008

Día 13

TERCEIRA AUTONÓMICA























XUVENILES


















CADETES
















INFANTILES
























Complicanse as cousas logo do partido contra o Xuño. á espera do que decidan na Federación, o partido queda supendido a falta de 10 minutos e con 3-2 favorable ós xuñistas.
O Lesende adiantouse no marcador ós 10 minutos ó culminar Alberto Rial unha boa xogada colectiva. Julio puido aumentar o marcador ó cuarto de hora pero o porteiro desviou o seu disparo ó longueiro. Pouco despois os locais empataron o encontro.

Ó filo na media hora Alberto Rial convirteu maxistralmente unha falta directa, que entrou pola escadra dereita do porteiro. Sen embargo pouco durou a ledicia lesendista xa que 2 minutos despois Eloy, no seu intento de despexar, acabou introducindo o balón na súa propia portería.

Co empate chegouse ó descanso e na segunda metade o dominio e as ocasións corresponderon ós visitantes, que anotaron un gol fantasma por medio de Julio que o árbitro non veu ou non quixo ver dentro, pois o balón traspasou a liña de gol claramente, feito incluso recoñecido a posteriori por varios xogadores do conxunto local.

Os lesendistas continuaron creando ocasións de perigo que non remataban en gol por pouco, pero os xuñistas aproveitaron un contragolpe para plantarse diante de Juan Manuel, que cometeu falta sobre un dianteiro local. Aínda que a xogada rematou en gol, o árbitro decidiu pitar falta e expulsar ó porteiro visitante. Roberto tivo que ocupa-la portería, cousa que os locais aproveitaron para poñerse por diante no marcador nese lanzamento de falta.

A raíz disto viría un enfrentamento entre o adestrador visitante e o colexiado, o que fixo que éste último tomara a decisión de suspende-lo partido.


No tocante ás categorías inferiores cabe destacar unha nova e apabullante victoria do equipo cadete que segue a comanda-la súa clasificación con autoridade.

jueves, 10 de enero de 2008

Partidos de Xaneiro

Xornada 19 - 13/01/2008

XUÑO SD VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

Xornada 20 - 20/01/2008


LESENDE C.F. C. LOUSAME VS SALVORA, C.F.

Xornada 21 - 27/01/2008

VALIÑO, S.D. VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

lunes, 7 de enero de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA





XUVENILES





CADETES





INFANTILES

























Na terceira autonómica os 3 de arriba sacaron os seus partidos adiante e as cousas seguen igual que a semana pasada.
O equipo cadete acadou unha nova victoria e afianzase no liderato tralo empate do seu máis inmediato perseguidor, o Atlético Oleiros, ó que xa saca 4 puntos con 1 partido máis xogado.
O equipo infantil colleitou outra derrota abultada na casa e o equipo xuvenil descansou esta xornada.

domingo, 6 de enero de 2008

Lesende - Cruído

Como xa avanzabamos na derradeira actualización, as cousas voltaron á normalidade e o Lesende impúxose con absoluta autoridade no derbi lousamiano celebrado hoxe en Cabanetán. Viñan os cruidenses moi motivados tras imporse na pachanga da semana anterior pero saíron de Cabanetán escaldados e cas botellas de champán sen descorchar desta volta.
Un 4-0 que se antoxou curto debido ó xogo de un e outro equipo.
O partido quedou finiquitado á media hora de xogo tras os goles de Alberto Rial, Julio e Hugo. Ó pouco de comeza-la segunda metade Jorge puxo o cuarto gol no taboleiro tras un erro clamoroso do porteiro visitante.