martes, 30 de octubre de 2007

Victoria pra despedi-lo mes de Outubro
































































Imaxes sacadas da web de El Correo Gallego



O Lesende C. F. impúxose o domingo pasado ó Queiruga en Cabanetán por dous tantos a cero, goles de Fran na primeira parte, ó rematar de cabeza un centro de Jorge, e de Angelito a 10 minutos para o final. Foi expulsado Miguel por doble cartón amarelo.

O equipo xuvenil voltou perder, esta vez na casa,diante do Abanqueiro. Outro tanto lle sucedeu ó equipo infantil, diante do La Salle.


jueves, 25 de octubre de 2007

Xornada nefasta para as categorías inferiores

































































Imaxes sacadas da web de El Correo Gallego



Esta semana ó Lesende senior tocoulle descansar, cousa que aproveitou para xogar un amigable o sábado fronte o equipo de veteranos. O encontro finalizou co resultado de 6 a 1.
O vindeiro domingo recibiremos ó Queiruga.

O equipo xuvenil, que viña de gañar por 6-0 na primeira xornada, perdeu a condición de líder do campionato ó sucumbir en Oleiros por un claro 5-0.

No tocante ós infantiles, cortouse a xeira victoriosa, ó perder no campo do Cordeiro por 3 goles a 1. A vindeira xornada reciben ó La Salle, colíder do grupo.

jueves, 18 de octubre de 2007

Tropezo en Artes















































O pasado domingo o Lesende C.F. acadou soamente un punto na súa visita ó campo do Artes. Non comezaron ben as cousas pois soamente levaban transcorridos 5 minutos de xogo cando Villa tivo que abandoa-lo campo debido a un corte na cabeza polo que sangraba abundantemente , producto dun choque ca cabeza dun contrario. Debido a isto, precisou de atención médica no Hospital da Barbanza, onde lle puxeron 3 puntos de sutura.

Chegando á metade do primeiro tempo, o Artes adiantouse no marcador ó aproveitar unha indecisión defensiva entre Juan Manuel e os centrais. Co 1 a 0 chegouse ó final dos primeiros 45 minutos.

Na segunda parte o Lesende saiu con outra mentalidade e ós 10 minutos logrou o tanto da igualada gracias a Alberto Rial, ó aproveitar un rexeite.

Sen embargo, as cousas torceronse coa expulsión de Bernabé ó ver o segundo cartón amarelo logo dunha entrada. O Artes apenas creaba perigo de cara á portería lesendista, pero estaba sobrado de dureza no xogo. Isto propiciou que o árbitro igualara o número de xogadores dos 2 bandos logo de que un xogador do Artes fora expulsado con vermello directo tras unha entrada por detrás e sen opción de xogar o balón ó nocello dereito de Jorge.

Pouco despois, e co Lesende dominando, unha xogada sen aparente perigo rematou cun penalti máis que riguroso, por non decir inexistente, a prol do Artes. Juan Manuel chegou a desviar o lanzamento pero non foi quen de detelo.

Novamente os xogadores do Artes volveron a sacar a súa dureza a relucir, cando un xogador sacou o codo impactando novamente na cara de Jorge. Desta vez o árbitro non quixo complicarse con outra expulsión, que era merecida.

A pouco para o remate do encontro, o colexiado sinalou outro penalti igual de dubidoso que o primeiro, pero esta vez a prol do Lesende. Angelito non fallou e puxo a igualada no marcador. O mesmo Angelito dispuxo pouco despois dunha nova oportunidade para marcar, pero o seu disparo de volea saiu lixeiramente desviado.

Esta xornada toca descanso, o que se vai aproveitar para a disputa dun amigable contra a sección de veteranos do Lesende, o sábado as 7 da tarde.

Noutra orde de cousas, o equipo infantil acadou unha nova victoria, moi sufrida, e xa vai pouco a pouco escalando postos na clasificación e alonxándose na zona de descenso.

Nota. imaxes sacadas da web de El Correo Gallego

lunes, 8 de octubre de 2007

Bos resultados dos equipos lesendistas nesta fin de semana















































Tanto o equipo senior como o equipo infantil aproveitaron o feito de xogaren na casa perante equipos da zona baixa das respectivas clasificacións para lograr abultadas victorias.
O equipo infantil terá o vindeiro fin de semana unha nova oportunidade para volver a golear, xa que recibe en Cabanetán ó colista do seu grupo.

domingo, 7 de octubre de 2007

Lesende C.F. - C.D. Portosín

O Lesende impúxose esta tarde en Cabanetán ó Portosín por 5 goles a cero. A pesares do que poida reflexar o marcador, as cousas non foron doadas pois os goles non chegaron ata ben avanzada a segunda metade.

O partido comezou co debut esta temporada de Alberto Tubío na portería local, mentres que o Portosín chegou ó campo soamente con 12 xogadores. A primeira ocasión clara foi para Chicho que, por 2 veces(un intento de vaselina e un remate de cabeza que saiu por riba do longueiro) non foi capaz de batir ó porteiro visitante. Poucos minutos despois Julio tampouco foi capaz de batir ó porteiro noutro man a man. Os visitantes tuveron unha ocasión moi clara para poñerse por diante, nun balón que Alberto T. non foi capaz de atrapar e que caeu ós pés dun xogador do Portosín que acabou rematando fora. As ocasións para o Lesende sucedíanse pero non había acerto de cara ó gol.

Co cero a cero inicial chegouse ó final dos primeiros 45 minutos. Na segunda parte entrou Ángel en sustitucion de Manu, pero non sería ata a entrada de Jorge(que tamén debutaba hoxe), no minuto 15 da segunda parte, cando as cousas se puxeron a favor para os locais. Nunha boa xogada trenzada, Alberto Rial asisteu a Ángel pra que inaugurara o marcador. Poucos minutos despois Julio puxo o 2-0 e o Portosín quedouse con 10 pola expulsión dun xogador por protestar. Jorge, tras regatear ó porteiro anotou o terceiro gol, Alberto Rial meteu o cuarto, tamén tras irse do porteiro e Jorge novamente marcou o quinto e definitivo ó rematar un pase de Pablo dende a liña de fondo.

A expulsión dun xogador, a ausencia de cambios no banquillo e a peor condición física do Portosín influiron decisivamente no feito de que en 20 minutos encaixaran 5 goles, que puideron ser máis se tanto Julio como Alberto Rial estiveran un pouco máis acertados de cara á portería.

Co gol anotado hoxe, Julio convirteuse no pichichi do equipo con 3 goles, seguido de Jorge e Fran con 2. Alberto Rial, Bernabé, Chicho e Campos teñen 1 cada un. Outro gol foi anotado en propia meta polo porteiro do Crocha.

sábado, 6 de octubre de 2007

Inaugurado o campo de Cabanetán

Inaugurado o campo de Cabanetán


O presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, acompañado do alcalde de Lousame, Santiago Freire Abeijón, inaugurou onte as obras do campo de fútbol de Cabanetán, nas que o organismo provincial invirteu un total de 622.000 euros, dos que 330.000 se destinaron á dotación de herba artificial.

El Correo Gallego

jueves, 4 de octubre de 2007

Nova derrota dos infantiles


Tereceiro partido e terceira derrota do equipo infantil perante un rival complicado. A vindeira xornada recibiremos na casa ó penúltimo clasificado. Boa ocasión pra inaugura-lo casilleiro de victorias e escalar postos na clasificación.

Partidos do mes de outubro

Xornada 6 - 07/10/2007
LESENDE C.F. C. LOUSAME VS D. PORTOSIN
Xornada 7 - 14/10/2007
C.D. ARTES VS LESENDE C.F. C. LOUSAME
Xornada 8 - 21/10/2007
LESENDE C.F. C. LOUSAME Descansa
Xornada 9 - 28/10/2007
LESENDE C.F. C. LOUSAME VS U.D.QUEIRUGA


A priori, calquera cousa que non sexa acada-los 9 puntos en disputa neste mes de outubro será un novo tropezo nas aspiracións de chegar ós postos máis altos da clasificación, xa que contamos con 2 partidos na casa ante rivais que este ano non marchan moi ben na Liga e unha visita a Artes, un equipo moi irregular.

martes, 2 de octubre de 2007

Segunda derrota consecutiva

Este pasado domingo, o Lesende veu de sufri-la súa segunda derrota da tempada(e 2º consecutiva) na Pobra do Caramiñal perante o Crocha. Contaba cas baixas de última hora de Juan manuel na portería e de Fran no ataque.

As cousas puxeronse de cara para o Lesende tras adiantarse no marcador no primeiro cuarto de hora, gracias a un libre directo lanzado por Miguel que o porteiro local despexou de puños cara arriba e que, nun segundo intento de despexe, acabou por introduci-lo balón na súa propia portería.

Poucos minutos despois, un erro da defensa local propiciou que Julio se quedara só diante do porteiro, pero non foi capaz de definir e o balón saiu preto do poste esquerdo.

Sen embargo, a partires de ahi o dominiu correspondeu ó Crocha que nunha xogada embarullada dentro da área conseguiu o gol do empate tras un remate de cabeza. E poucos minutos despois deulle a volta ó marcador tras un calamoroso error defensivo do Lesende, pois o dianteiro local recibiu un balón na área pequena tras un saque de banda.

Co 2 a 1 favorable ós locais chegouse ó descanso. Na segunda parte o Lesende saltou ó campo con catro xogadores de recambio, pero as cousas non cambiaron. Outro incomprensible erro da defensa permitiu que un xogador local rematara completamente só dentro da área, tras recibir un balón de saque de banda que previamente botou no campo e sobrepasou ós centrais lesendistas.

Julio anotou o segundo tanto de Lesende dende os 11 metros, logo de que Alberto Rial(que entrou no descanso) fose derrubado dentro da área.

Sen embargo de pouco serviu, xa que unha falta canto menos dubidosa ó borde da área lesendista serviu para que o nº 7 local anotara o seu terceiro gol do partido, tras pegar o balón no longueiro.

A próxima xornada recibiremos ó Portosín, que ven de puntuar esta xornada.