domingo, 7 de octubre de 2007

Lesende C.F. - C.D. Portosín

O Lesende impúxose esta tarde en Cabanetán ó Portosín por 5 goles a cero. A pesares do que poida reflexar o marcador, as cousas non foron doadas pois os goles non chegaron ata ben avanzada a segunda metade.

O partido comezou co debut esta temporada de Alberto Tubío na portería local, mentres que o Portosín chegou ó campo soamente con 12 xogadores. A primeira ocasión clara foi para Chicho que, por 2 veces(un intento de vaselina e un remate de cabeza que saiu por riba do longueiro) non foi capaz de batir ó porteiro visitante. Poucos minutos despois Julio tampouco foi capaz de batir ó porteiro noutro man a man. Os visitantes tuveron unha ocasión moi clara para poñerse por diante, nun balón que Alberto T. non foi capaz de atrapar e que caeu ós pés dun xogador do Portosín que acabou rematando fora. As ocasións para o Lesende sucedíanse pero non había acerto de cara ó gol.

Co cero a cero inicial chegouse ó final dos primeiros 45 minutos. Na segunda parte entrou Ángel en sustitucion de Manu, pero non sería ata a entrada de Jorge(que tamén debutaba hoxe), no minuto 15 da segunda parte, cando as cousas se puxeron a favor para os locais. Nunha boa xogada trenzada, Alberto Rial asisteu a Ángel pra que inaugurara o marcador. Poucos minutos despois Julio puxo o 2-0 e o Portosín quedouse con 10 pola expulsión dun xogador por protestar. Jorge, tras regatear ó porteiro anotou o terceiro gol, Alberto Rial meteu o cuarto, tamén tras irse do porteiro e Jorge novamente marcou o quinto e definitivo ó rematar un pase de Pablo dende a liña de fondo.

A expulsión dun xogador, a ausencia de cambios no banquillo e a peor condición física do Portosín influiron decisivamente no feito de que en 20 minutos encaixaran 5 goles, que puideron ser máis se tanto Julio como Alberto Rial estiveran un pouco máis acertados de cara á portería.

Co gol anotado hoxe, Julio convirteuse no pichichi do equipo con 3 goles, seguido de Jorge e Fran con 2. Alberto Rial, Bernabé, Chicho e Campos teñen 1 cada un. Outro gol foi anotado en propia meta polo porteiro do Crocha.

No hay comentarios: