domingo, 30 de septiembre de 2007

Xa se coñecen os enfrontamentos da Copa do Sar

Xa se coñecen os enfrontamentos da Copa do Sar. O Lesende C.F. queda exento da primeira ronda, que se disputará a ida e volta os días 12 de outubro e 1 de novembro.

O rival na segunda ronda será o Luou. O partido de ida disputarase o 6 de decembro, e o de volta non se xogará ata que finalicen os campeonatos ligueiros de Segunda e Terceira Autonómica, previstos para a última semana de abril.

Pese ó adelantamiento dunha eliminatoria (a previa) e media de outra (a segunda), o torneo non concluirá ata principios do mes de xullo, como xa ven sendo habitual.

viernes, 28 de septiembre de 2007

Reclamación do Xuño S.D.

Parece ser que o Xuño S.D. reclamou pola totalidade dos xogadores do Lesende C.F. que estaban en acta no partido que enfrontou a ambos clubes, na segunda xornada.

Isto provoca que agora mesmo o Lesende C.F. non poida presentar ningunha nova ficha ata que se resolva dita reclamación, e que varios xogadores non poidan ser convocados para o vindeiro domingo.

Naturalmente dita reclamación está feita en balde, pois a totalidade das licencias federativas do Lesende C.F. estaban en regla, e isto non ven sendo senón un intento van e ruín de acadar nos despachos os puntos que o equipo sonense non foi quen de acadar no campo de xogo. Unha actitude típica de dito equipo, que soe facer varias veces por temporada e que non ven máis que a demostrar unha vez máis a pouca categoría do Xuño S.D. e da súa directiva.

Igual ata cren que van a acadar o ascenso....

Que sigan soñando

Mal inicio do Lesende infantil



Os infantís do Lesende non empezaron con bo pé a súa segunda temporada no Grupo 3º da Primeira Autonómica, pois encaixaron dúas severas goleadas e agora mesmo ocupan a derradeira posición na táboa clasificatoria.

Para colmo de males na vindeira xornada desprazaranse a Lalín para enfrontarse co segundo clasificado.

Última hora da Copa do Sar

A Copa do Sar contará este ano con equipos de bastante nivel e con algunhas ausencias significativas:

-De Preferente Autonómica, ata onte había dous clubes anotados: Flavia e Dubra.
-De Primera Autonómica formalizaron a súa inscripción o Atlético Ribeira, 33 anos despois da súa derradeira participación no torneo (no ano 1974), o Deportivo Unión (Rianxo), Calo, Silleda e Cidade de Santiago B.
-Da zona barbanzana, a 24 horas do sorteo, sete equipos xa comunicaron a súa renuncia: Sálvora, Olveira, Cruído e Queiruga, en Terceira Autonómica, na que tampouco estarán Dozón, Bandeira e Don Ramiro. E Carreira, Palmeira e Porto do Son en Segunda, na que tamén Agrón e Amio confirmaron a súa ausencia.

Se non se producen máis baixas antes do sorteo, a competición establecerá un novo récord histórico na edición 2007/08.

A intención da delegación santiaguesa de fútbol é que o primeiro encontro da ronda inaugural teña lugar o próximo día 12 de outubro (venres). Si de acordo coa vontade inicial, tódalas eliminatorias se poden disputar a ida e volta, o segundo asalto xogaríase o 1 de novembro. (xoves).

lunes, 24 de septiembre de 2007

Xornada 4

Primeira derrota en Liga

Esta tarde, o Lesende ven de sufri-la primeira derrota da temporada, na casa, ante o Cabo de Cruz.

O equipo boirense non acusou o cansancio de ter que disputar onte pola mañá un partido aprazado en Portosín (impúxose por 2-4) nin a intensa calor e logrou impoñerse por 1 gol a 2.

Na primeira parte o dominador claro foi o Lesende pero volveu a sufrir (unha vez máis) unha preocupante falta de acerto cara a portería contraria. Malograronse ocasións claras durante a primeira media hora, á que se puido chegar cun marcador favorable de 2 ou 3 goles. A partires de ahí o Cabo de Cruz trenzou una serie de xogadas de perigo, e incluso estrelou 2 balóns nos paus nuha delas.

Cando faltaba pouco para remata-los primeiros 45 minutos, unha boa xogada entre os mediocampistas locais finalizou cun pase atrás que Fran (coa axuda dun defensor) aproveitou para poñe-lo 1-0 no marcador.

Na segunda parte cambiaron as tornas e o Cabo de Cruz colleu as rendas do partido. A inseguridade defensiva do Lesende propiciou que, en 2 xogadas a balón parado, os crucenses deranlle a volta ó marcador.

O Lesende dispuxo aínda de varias ocasións para marcar, sobre todo un libre directo que Alberto Rial estrelou na cruceta dereita da portería e un remate de A. Teira que o porteiro sacou da mesma escuadra cando xa se cantaba o empate.

A vindeira xornada toca unha saída moi complicada. No campo da Alta, na Pobra do Caramiñal, contra o Crocha.

domingo, 16 de septiembre de 2007

Nova victoria a domicilio

O Lesende volveu a impoñerse a domicilio. Esta vez en Aguiño, contra o Sálvora, e por idéntico resultado que na primeira xornada: 0 goles a 2.

A primeira parte rematou con victoria lesendista por un tanto a cero, gol de Chicho ca zurda dende fora da área. Na segunda metade Dani Campos puxo o 0-2 definitivo a pase de Julio ó culminar unha contra.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

Sorteo da Copa do Sar

O sorteo da Copa do Sar terá lugar o vindeiro día 28 en Santiago.


A delegación santiaguesa de fútbol xa fixou a data para celebra-lo sorteo da 41ª edición da Copa do Sar de fútbol afeccionado. Terá lugar o vindeiro día 28 na sede da citada delegación, a partires das 20.30 horas.

Os clubes de Segunda e Terceira Autonómica quedan inscritos automáticamente. Os que queiran renunciar tamén terán que facelo saber mediante un comunicado que haberá de chegar ós dirixentes da delegación antes do citado día 28.

lunes, 10 de septiembre de 2007

Primeiro tropezo na casa





A pesares de ir dominando o marcador en gran parte do encontro, a falta de acerto cara a portería rival e un fallo defensivo a piques de remata-lo partido, fixeron que o encontro de onte rematara en táboas. Empate a 1 de resultado final, gol de Bernabé.

sábado, 8 de septiembre de 2007

Lesende - Xuño

Mañá domingo, o Lesende afronta un debut complicado como local en liga no céspede artificial de Cabanetán.
Numerosas baixas (xa confirmadas as de Campos, Jorge, A. Teira, Eloy e as máis que probables de Villa, Miguel, Álex e Angelito), unidas ás numerosas festas(con todo o que iso conleva) que hai pola redonda, fan que o Lesende non parta como claro favorito a pesares de xogar na casa.

jueves, 6 de septiembre de 2007

Resultados da primeira xornada


O Lesende e o X. Aguiño, únicos que puntuaron fora. (pinchar na imaxe para ve-la ampliada)


NOTA: imaxe sacada da web de El Correo Gallego

miércoles, 5 de septiembre de 2007

Plantel 2007-2008

A pasada semana quedou configurado o plantel que disputará a liga esta tempada.

Causaron baixa con respecto ó ano pasado: Pouso(Mazaricos), Jrilo (Ribeira), Jose, Manolo, Caamaño, Nando, Álvaro e Germán.
As altas para este ano son as seguintes: Felipe e Adrián(Portosín), Julio(Ribeira), A. Teira, Manubrio e Bernabé(Cruído), Fran (Noia Xuvenil), Miguel (Ribeira-Carreira Xuvenil), Pablo (Lesende Xuvenil),Casais e Eloy.



O plantel queda da seguinte maneira:

Porteiro: Juan Manuel
Defensas: Chicho, Pana, Juanma, Bernabé, Miguel, Villa, E. Teira, Pablo, Roberto
Centrocampistas: Álex, Angelito, Casais, Campos, Manubrio, Eloy, Felipe, Adrián, A. Teira
Dianteiros: Alberto Rial, Julio, Fran e Jorge

domingo, 2 de septiembre de 2007

O derbi cae un ano máis para o bando lesendista

Como ven sendo habitual, polo menos nos derradeiros 8 anos, cada partido de máxima rivalidade entre os dous representantes do Concello de Lousame finaliza cun resultado favorable para o Lesende C.F.

Nunha tarde moi calurosa, O Lesende C.F. impúxose a domicilio ó Cruído por 0-2, goles anotados na primeira parte por Fran e Julio. Primeira xornada e primeiros 3 puntos.
O equipo inicial estivo formado por Juan Manuel, Juanma, Miguel, Bernabé, E. Teira, Felipe, Campos, Alberto Rial, Casais, Fran e Julio. Tamén xogaron, Manu, Ángel, Pana e Chicho.

O vindeiro domingo toca recibir ó Xuño.

sábado, 1 de septiembre de 2007

Complicado mes de Setembro

A priori parecen complicados os partidos a disputar neste mes de setembro:

Xornada 1 - 02/09/2007
A.D.CRUIDO VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

Xornada 2 - 09/09/2007
LESENDE C.F. C. LOUSAME VS XUÑO SD

Xornada 3 - 16/09/2007
SALVORA, C.F. VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

Xornada 4 - 23/09/2007
LESENDE C.F. C. LOUSAME VS VALIÑO, S.D.

Xornada 5 - 30/09/2007
CROCHA BALOMPE, C.F. VS LESENDE C.F. C. LOUSAME