lunes, 24 de septiembre de 2007

Primeira derrota en Liga

Esta tarde, o Lesende ven de sufri-la primeira derrota da temporada, na casa, ante o Cabo de Cruz.

O equipo boirense non acusou o cansancio de ter que disputar onte pola mañá un partido aprazado en Portosín (impúxose por 2-4) nin a intensa calor e logrou impoñerse por 1 gol a 2.

Na primeira parte o dominador claro foi o Lesende pero volveu a sufrir (unha vez máis) unha preocupante falta de acerto cara a portería contraria. Malograronse ocasións claras durante a primeira media hora, á que se puido chegar cun marcador favorable de 2 ou 3 goles. A partires de ahí o Cabo de Cruz trenzou una serie de xogadas de perigo, e incluso estrelou 2 balóns nos paus nuha delas.

Cando faltaba pouco para remata-los primeiros 45 minutos, unha boa xogada entre os mediocampistas locais finalizou cun pase atrás que Fran (coa axuda dun defensor) aproveitou para poñe-lo 1-0 no marcador.

Na segunda parte cambiaron as tornas e o Cabo de Cruz colleu as rendas do partido. A inseguridade defensiva do Lesende propiciou que, en 2 xogadas a balón parado, os crucenses deranlle a volta ó marcador.

O Lesende dispuxo aínda de varias ocasións para marcar, sobre todo un libre directo que Alberto Rial estrelou na cruceta dereita da portería e un remate de A. Teira que o porteiro sacou da mesma escuadra cando xa se cantaba o empate.

A vindeira xornada toca unha saída moi complicada. No campo da Alta, na Pobra do Caramiñal, contra o Crocha.

No hay comentarios: