miércoles, 30 de abril de 2008

La Voz de Galicia, 30/04/08

O Lesende logra o ansiado ascenso tras vencer ao Bealo na Lomba

Un gol de Hugo aos 20 minutos deu os tres puntos aos de Lousame nun campo cun cheo absoluto





O Lesende acompañará a próxima tempada ao Crocha na súa travesía pola Segunda, logo de vencer pola mínima (0-1) no feudo do Galicia de Bealo. Un gol de falta directa lanzada desde un lateral por Hugo serviu aos de Fonsi para lograr o ansiado ascenso.

O choque, disputado na Lomba, que rexistrou un cheo absoluto, seguiu o guión establecido por ambos os contendentes. Os locais, sabedores de que o empate lles valía para subir, saíron a contemporizar o xogo e a aproveitar os ocos que puidesen deixar os lousamianos en defensa. Pero todo veu abaixo aos vinte minutos de xogo. Hugo saca unha falta desde un lateral e o balón entra axustado ao segundo pau da meta defendida por Roberto sen que ninguén chegase a tocar o esférico.

A partir de aquí, os de Boiro cambiaron o chip. A posesión do coiro pasou a ser do Bealo, que empezou a merodear a portería defendida por un Juan Manuel, que resultou vital no partido, xa que salvou tres man a man ante os dianteiros locais.

Balóns ao área

Os boirenses atacaban máis co corazón que coa cabeza. Os xogadores do Bealo limitábanse a abusar dos balóns aéreos para ver se Raúl e Edu conseguían equilibrar o choque, pero a defensa visitante defendíase con orde.É máis, os dianteiros do Lesende tiveron dous contragolpes moi claros no segundo tempo para finiquitar o partido, pero Alberto Rial de forma incomprensible non os aproveitou. No primeiro, o coiro saíu por encima da portería logo de driblar ao cérbero. No segundo, e tras romper o fóra de xogo, plantouse diante de Roberto e a súa vaselina saíu desviada. Ao final, o Lesende mantivo a súa vantaxe no marcador.

Galicia de Bealo: Roberto, Mauri, José, Beni, Joni, Roberto, Juan Ramón, Sergio García, Sergio Vidal, Edu e Raúl. Tamén xogaron Carolo, Óscar e Machada.

Lesende: Juan Manuel, Chicho, Pana, Roberto, Juanma, Bernabé, Felipe , Julio Lago, Alberto Rial, Hugo e Fran. Tamén xogaron Ángel , Álex, Jorge e Miguel.

lunes, 28 de abril de 2008

Estadísticas da tempada

-Dos 17 partidos da primeira volta o Lesende gañou 11, empatou 3 e perdeu 2, para un total de 36 ptos. 37 goles a favor e 13 en contra.
-Dos 17 partidos da segunda volta o Lesende gañou 11, empatou 4 e perdeu 1, para un total de 37 ptos. 41 goles a favor e 16 en contra.

2 voltas moi idénticas; isto é unha proba da regularidade do equipo

Os goleadores foron os seguintes.

-Alberto Rial --> 23 goles
-Julio --> 18 goles(2 de penalti)
-Fran e Hugo --> 7 goles
-Jorge --> 6 goles
-Ángel --> 3 goles(1 de penalti)
-Bernabé, Campos e Chicho --> 2 goles
-Juanma, A. Teira, Miguel, Adrián, Rober e Álex --> 1 gol
-En propia porta --> 2 goles

Na Copa do Sar, polo momento:

2 partidos, 2 victorias

5 goles a favor (2 de Alberto Rial, 2 de Jorge e 1 de E. Teira), 0 goles en contra

Clasificación final da Liga de Terceira Autonómica
























Ó final rematamos como equipo menos goleado. Adeus Terceira!!!

6 anos despois...

6 anos despois, e novamente en plenas festas de San Marcos, o Lesende C.F. volve a acadar o ascenso á Segunda Autonómica.

A pesares de xogar fóra da casa, contra un rival que xa superaba os 100 goles a favor, de non poder contar co adestrador por motivos laborais e de atoparnos nunha fin de semana de festas, O equipo botoulle ó que lle había que botar e sacou adiante o partido con moito esforzo e con moita seriedade defensiva.

Un solitario gol de Hugo no minuto 20, tras un saque de falta que ninguén chegou a tocar e que se colou mansamente na portería local, serviu para lograr a victoria que nos devolve 2 anos despois á categoría que nunca debemos de abandonar.

Sen esquecernos de ningún dos 19 xogadores que onte estaban en condicións de xogar (aínda que só puideron ser 16 os convocados), a gran protagonista do partido foi a defensa lesendista comandada por un impresionante Juan Manuel, co que de seguro os dianteiros bealistas tiveron pesadelos esta noite.

E agora a disfrutar ca Copa do Sar.

jueves, 24 de abril de 2008

O Bealo e o Lesende disputaranse a outra praza de ascenso a Segunda

Este fin de semana finalizará a tempada en Terceira Autonómica cun auténtico prato forte: o choque entre o Galicia Bealo e o Lesende na Lomba. En xogo está a outra praza de ascenso a Segunda e acompañar así ao Crocha, que xa conseguiu o seu obxectivo fai dúas xornadas.

A situación actual é a seguinte. O Bealo totaliza 73 puntos, tres máis que os lousamianos. No partido de ida, disputado en Cabanetán, o resultado foi de 1 a 0 a favor do Lesende, polo que, en caso de vitoria foránea, serían os de Lousame os que subirían. Calquera outro resultado favorecería ao conxunto boirense.

Á última xornada ligueira chegan ambos os contendentes logo de cultivar sendas vitorias contundentes. O Lesende desfíxose (5-0) do Unión B, mentres que o Bealo noqueou ao Artes (2-8) en Trumiáns.

Paco Ribadulla, directivo do Galicia Bealo, comentou que o partido é clave para ambos os contendentes, «pero o Lesende terá que arriscar máis porque só lle vale o triunfo». Ribadulla prognostica que o choque do domingo vai ser moi igualado e que se pode decidir nunha xenialidade dun xogador ou unha xogada illada a balón parado. Para o directivo é moi importante conseguir o ascenso logo de perder a categoría fai agora un ano. «Queremos subir coa intención de manternos en Segunda e quitar, dunha vez por todas, o cartel de equipo ascensor», sentenciou.

Pola súa banda, o xogador do Lesende Juan Manuel Villaverde mostrouse moi optimista con respecto a este transcendental partido. «Imos coa idea de levarnos os tres puntos e conseguir algo que sería moi bonito para nós. Sabemos que será difícil pero xa lles gañamos na ida e podemos repetir», sinalou.

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/04/24/0003_6760241.htm?idioma=galego

martes, 22 de abril de 2008

2 equipos para un posto

























Non pinchou o Bealo e a contundente victoria do Puebla non lle serve para ter opcións na derradeira xornada, na que a segunda praza decidirase no campo da Lomba o vindeiro domingo, ás 5 da tarde.

sábado, 19 de abril de 2008

Lesende - Unión B.

O Lesende C.F. despideu a temporada como local con unha gran victoria por 5 goles a 0 diante do Unión B.

Nunha tarde de bastante choiva o Lesende púxose axiña por diante do marcador, pois ós 4 minutos xa vencía por 2-0, tras sendos golazos: o primeiro de Hugo con un potente disparo desde uns 30 metros e o segundo de Julio tras unha preciosa xogada entre el e Fran.

O terceiro e cuarto goles tamén chegarían antes do descanso, anotados por Alberto Rial: o primeiro ó rematar no segundo pau un centro ó que non chegou Fran por pouco e o segundo de libre directo ó que o porteiro só lle puido facer a estatua.

O quinto e definitivo anotaríao Jorge, que entrara no descanso, mediada a segunda metade apoveitando unha perfecta asistencia de Pana.

Neste partido reapareceron Juan Manuel, logo de cumplir os tres meses de sanción, e Ángel, recuperado da súa lesión no xeonllo.

O vindeiro domingo partido a vida ou morte en Bealo.

Fin de Liga para infantiles e xuveniles

TERCEIRA AUTONÓMICA

























XUVENILES


















INFANTILES

























Non puido ser e os infantiles non acadaron a permanencia na primeira autonómica. Espectacular a remontada do Compostela que sacou adiante partidos contra os primeiros clasificados. Algo tivo que pasar ahi para un cambio tan grande.

Os xuveniles despiden a temporada con unha victoria na casa.

domingo, 13 de abril de 2008

Cures -Lesende

Con moitas dificultades sacou adiante o Lesende o seu partido en Cures, ó que derrotou por 1 gol a 3. As previsións non eran nada optimistas posto que con Juan Manuel aínda sancionado, con Alberto Tubío desaparecido, con Siso lesionado e co porteiro cadete Ramón sen poder asistir ó partido por diferentes motivos (que non vamos entrar a comentar pero que deixan en mal lugar a algunha que outra persoa), tivo que ser o dianteiro Alberto Rial o que se puxera baixo os paus os 90 minutos.

Ós 10 minutos, unha boa xogada trenzada acabou con un pase a Álex, o cal, tras regatear ó porteiro, anotou ca zurda e con suspense. Sen embargo e a pesares de xogar con vantaxe no marcador, o Lesende practicamente desapareceu do partido, pasando o a ser o dominio do Cures, sobre todo tra-lo descanso.

Nada máis iniciarse a segunda metade, Alberto Rial sacou incriblemente co pé un balón que xa se cantaba gol. O dominio continuaba a ser local e o Lesende non atopaba forma de sacar o balón xogado con claridade. Pero na metade do segundo tempo Hugo, tras unha gran xogada individual puxo o 0-2 no marcador, que semellaba ser o da tranquilidade. Sen embargo o Cures non renunciou ó ataque e continuaba volcándose cara a portería lesendista, e froito diso acortaron distancias tras un corner.

Pero pouco lles durou a alegría pois Jorge, que levaba 5 minutos no campo e reaparecía tras case 3 meses, culminou un contrataque aproveitando un pase de Julio para colocar preto da escadra dereita da portería rival o balón que significou o 1-3 definitivo.

O vindeiro partido este sábado en Cabanetán diante do Unión B.

lunes, 7 de abril de 2008

Clasificacións

TERCEIRA AUTONÓMICA

























XUVENILES




















INFANTILES
























O Crocha xa é novo equipo de Segunda Rexional, pois leva 9 puntos de vantaxe cos 2 seguintes clasificados a falta de 3 partidos por xogarse e ten o golaveraxe favorable en ambos casos. Isto supón que soamente queda 1 plaza de ascenso, pola que loitan 3 equipos: O Galicia Bealo, O Lesende e o Puebla. Mentres que os 2 primeiros dependen de si mesmos para lograr o ascenso(3 victorias de calquera deles garanten o segundo posto), o Puebla precisa vencer os seus partidos e agardar que os 2 equipos que o preceden pinchen.

Se, como é lóxico, o Bealo saca adiante o partido que ten suspendido(gañando 1-2 e con superioridade numérica) e nen o Portosín nen o Artes(próximos rivais) son capaces de arrancar algún punto nos seus enfrontamentos, todo se decidirá na derradeira xornada, que nos depara un apaixoante Bealo - Lesende. Isto tendo en conta que o Lesende venza nos 2 vindeiros partidos, o que suporía chegar a Bealo cunha desvantaxe de 3 puntos.

O Puebla ten por diante 2 partidos doados(Queiruga e Nebra) e na derradeira xornada recibe ó Aguiño. A lóxica di que sacará os 9 puntos. Se o Bealo vence nos 2 próximos partidos e máis no que ten pendente, o Puebla chegaría á derradeira xornada a 4 puntos e sen opcións.

Resumindo, as únicas opcións do Lesende pasan por vencer o domingo no sempre difícil campo do Cures, derrotar ó Unión B. na casa na penúltima xornada e gañarlle ó Bealo a domicilio na xornada que pechará o campionato.


Cambiando de categoría, os infantiles están con pé e medio na segunda autonómica despois da sorprendente victoria(non queremos pensar mal) do Compostela no campo do segundo clasificado. Necesitaría derrotar ó Silleda a domicilio e que o Compostela perdera o seu partido, posto que os separan 3 puntos pero o golaveraxe é favorable ó conxunto lesendista.

domingo, 6 de abril de 2008

Lesende - Puebla

Co empate inicial rematou un dos 2 partidos claves desta xornada, o que enfrontou en Cabanetán(con moi boa entrada) ó Lesende e ó Puebla. Dada a importancia do partido a Federación enviou 2 xuíces de liña.

O partido discurría con normalidade, cos 2 equipos respetándose mutuamente e con poucas ocasións de gol. A máis clara da primeira metade foi do Lesende, con un remate de cabeza de Alberto Rial que sacou o porteiro e o balón foise a corner logo de bater no longueiro. Pero no minuto 40 o árbitro encargouse de cambia-las cousas tras expulsar rigurosamente a Villa por doble cartón amarelo cando soamente cometera 2 faltas en todo o encontro. Neses intres o Lesende cometera 6 faltas e recibira 4 tarxetas, cousa que non sucedía co equipo rival.

A partires da expulsión o Puebla tomou o mando do partido e estivo a piques de poñe-lo 0-1 con un remate que sacou Berna baixo paus. Sen embargo, e pese a xogar en superioridade durante máis de 50 minutos, esa foi a única ocasión clara do Puebla en todo o partido. O Lesende pouco a pouco foise asentando no campo e sacando bos contragolpes. Un deles puido cambia-lo resultado final pois Julio foi derribado dentro da área cando se ía só cara a porta. Sen embargo nen o xuíz de liña nen o árbitro quixeron saber nada e sinalaron falta ó borde da área. E a pesares de ser unha ocasión de gol tampouco sacaron cartón amarelo ó defensa pueblista, o que suporía o segundo e, por tanto, expulsión.

Cabe destacar o bo partido da defensa lesendista tra-la expulsión, en especial de Berna e Rober e do porteiro cadete Ramón, moi seguro durante todo o encontro. Tamén destacar o bo partido de Felipe que reaparecía tras varios partidos e que dou equilibrio no centro do campo nos 40 minutos que xogou na segunda metade.

Se é certo o que se comentaba ó final do encontro de que o Crocha vencera no seu duelo contra o Bealo, esto supón que o Lesende depende exclusivamente de si mesmo para acada-lo ascenso, sempre e cando venza nos 3 partidos que restan.