domingo, 6 de abril de 2008

Lesende - Puebla

Co empate inicial rematou un dos 2 partidos claves desta xornada, o que enfrontou en Cabanetán(con moi boa entrada) ó Lesende e ó Puebla. Dada a importancia do partido a Federación enviou 2 xuíces de liña.

O partido discurría con normalidade, cos 2 equipos respetándose mutuamente e con poucas ocasións de gol. A máis clara da primeira metade foi do Lesende, con un remate de cabeza de Alberto Rial que sacou o porteiro e o balón foise a corner logo de bater no longueiro. Pero no minuto 40 o árbitro encargouse de cambia-las cousas tras expulsar rigurosamente a Villa por doble cartón amarelo cando soamente cometera 2 faltas en todo o encontro. Neses intres o Lesende cometera 6 faltas e recibira 4 tarxetas, cousa que non sucedía co equipo rival.

A partires da expulsión o Puebla tomou o mando do partido e estivo a piques de poñe-lo 0-1 con un remate que sacou Berna baixo paus. Sen embargo, e pese a xogar en superioridade durante máis de 50 minutos, esa foi a única ocasión clara do Puebla en todo o partido. O Lesende pouco a pouco foise asentando no campo e sacando bos contragolpes. Un deles puido cambia-lo resultado final pois Julio foi derribado dentro da área cando se ía só cara a porta. Sen embargo nen o xuíz de liña nen o árbitro quixeron saber nada e sinalaron falta ó borde da área. E a pesares de ser unha ocasión de gol tampouco sacaron cartón amarelo ó defensa pueblista, o que suporía o segundo e, por tanto, expulsión.

Cabe destacar o bo partido da defensa lesendista tra-la expulsión, en especial de Berna e Rober e do porteiro cadete Ramón, moi seguro durante todo o encontro. Tamén destacar o bo partido de Felipe que reaparecía tras varios partidos e que dou equilibrio no centro do campo nos 40 minutos que xogou na segunda metade.

Se é certo o que se comentaba ó final do encontro de que o Crocha vencera no seu duelo contra o Bealo, esto supón que o Lesende depende exclusivamente de si mesmo para acada-lo ascenso, sempre e cando venza nos 3 partidos que restan.

No hay comentarios: