domingo, 26 de agosto de 2007

Fin de pretemporada

O Lesende C.F. deu por finalizada a pretemporada enfrontandose en Cabanetán á S.D. Esteirana. Gañaron os de Esteiro por 2 goles a 3.

O vindeiro domingo comezará a Liga, cun apaixoante derbi en Cruído.

viernes, 24 de agosto de 2007

Infantís


O sorteo realizado onte na Federación Galega de Fútbol deparou os primeiros enfrentamentos na categoría infantil. A competición arrancará o 15 de setembro.

O Lesende seguirá outro ano máis encadrado na Primera Autonómica, grupo 3, e na primeira xornada visitará o campo do Villestro, un rival complicado xa que acadou o subcampeonato a tempada pasada.

jueves, 23 de agosto de 2007

Categorías xuvenil e cadete

Na segunda autonómica xuvenil, no grupo sexto, que dará comezo o 13 de outubro, o sorteo deparou os seguintes enfrentamentos: Cabo de Cruz-Palmeira; Sporting Lampón-Nebra; Artes-Xuventude Aguiño; Lesende-Xuño; Porto do Son-Atlético Oleiros; e Taragoña-Abanqueiro, descansa o Puebla.


Os cadetes da segunda autonómica, que comezarán a temporada o 4 de novembro, enfrentaranse na primeira xornada en Cabanetán contra o Unión de Asados.

O resto de equipos teñen os seguintes enfrentamentos: ; Boiro B-Abanqueiro; Carreira-Puebla; Atlético Oleiros-Porto do Son; e Taragoña-Ribeira.

Primeiras victorias

O Lesende C.F. acadou as primeiras victorias da pretemporada esta pasada fin de semana. O sábado impúxose ó Portosín por 3 goles a 2 e o domingo fixo o mesmo co Baroña, superando ó rival por un contundente 10 a 1.

miércoles, 22 de agosto de 2007

Emparexamentos da primeira xornada

Xa se coñecen os emparexamentos da primeira xornada de Liga. Son os seguintes.

Cabo de Cruz-Crocha
Sálvora-Portosín
Xuño-Artes
Cruído-Lesende
Galicia Bealo-Queiruga
Unión B-Nebra
Cures-Xuventude Aguiño
Puebla-Baroña

descansa o Olveira.

domingo, 12 de agosto de 2007

Triangular en Cabanetán

O Muros S.D. levouse o triangular disputado hoxe en Cabanetán. O Lesende C.F. acadou a segunda praza e o Porto don Son quedou como terceiro clasificado.


Os resultados foron os seguintes:


Porto do Son 1 - Muros S.D. 2
Lesende C.F. 1 - Porto do Son 1
Lesende C.F. 1 - Muros S.D. 2

jueves, 9 de agosto de 2007

Partidos amigables

O pasado domingo 5 de Agosto, o Lesende C.F. disputou o seu primeiro partido amigable da pretemporada en Monte Louro. Impúxose o equipo local por 4 goles a 2, gracias, en parte, á súa mellor condición física.

O vindeiro domingo día 12 de Xullo, disputarase no Campo de Cabanetán un triangular entre os seguintes equipos:

- Lesende C.F.
- Porto do Son
- Muros

O primeiro partido comezará as 18:00 horas