domingo, 30 de diciembre de 2007

Torneo de Nadal (II)

Finalmente houbo un pequeno cambio no triangular de onte e os equipos participantes foron os seguintes:

- Veteranos do Lesende C.F. (que acadaron o terceiro posto)
- Lesende C.F. (2ª posición)
- Combinado de xogadores de Noia e Lousame (gañadores do torneo)

Como xa acontecera fai 2 anos, cousa lóxica tras 10 anos consecutivos colleitando unicamente derrotas diante do Lesende en partidos oficiais, o Cruido "reforzouse" para este partido con varios ex-xogadores do Lesende (Nando e Kubala, entre outros) e varios xogadores sen equipo das zonas de Noia e Lousame.

O vindeiro domingo as cousas volverán a ser coma sempre.

viernes, 28 de diciembre de 2007

Torneo de Nadal

Mañá sábado disputarase en Cabanetán o tradicional Torneo de Nadal do Concello de Lousame. Nesta ocasión será un triangular entre o Lesende C.F., o A.D. Cruído e os veteranos do Lesende C.F.
O primeiro partido arrancará ás 4 da tarde.

jueves, 27 de diciembre de 2007

Estadísticas da primeira volta

Dende o inicio da Liga ata o derradeiro partido da primeira volta(o disputado contra o Bealo), e contando tamén co partido de Copa do Sar, o Lesende disputou un total de 17 encontros cos seguintes resultados:

* Partidos gañados: 12
* Partidos empatados: 3
* Partidos perdidos. 2
- Goles a favor: 40 (2,35 goles por partido)
- Goles en contra: 13 (0,76 goles por partido)

Goleadores:

- Julio--> 8 goles(2 de penalti)
- Fran e Alberto Rial--> 6 goles
- Jorge--> 5 goles
- Ángel--> 3 goles(1 de penalti)
- Bernabé e Dani Campos--> 2 goles
- Chicho, Juanma, Miguel, A. Teira, Adrián e Hugo--> 1 gol

Os 2 goles que faltan foron anotados en propia porta polos porteiros do Crocha e do Nebra respectivamente.

A destacar que o Lesende é o conxunto menos batido do grupo 7 da Terceira Autonómica, e que case a totalidade dos 13 goles foron encaixados en xogadas a balón parado(corners, faltas, penaltis e saques de banda)



lunes, 24 de diciembre de 2007

Clasificacións. Así remata o 2007

TERCEIRA AUTONÓMICA
























XUVENILES




















CADETES
















INFANTILES























Imaxes sacadas da web de El Correo Gallego



Ca victoria de onte, as cousas apretanse máis na cabeza da clasificación e xa estamos a 3 puntos no novo líder.

Os equipos xuvenil e infantil descansaron esta xornada.

En canto ó equipo cadete, novamente aplastaron ó seu rival ó gañar a domicilio por un claro 0-10. Ademáis o seu principal rival para o título pinchou e so puido arrancar un empate.

domingo, 23 de diciembre de 2007

Caeu o líder, outra vez!!!

Chegaba o Bealo a Cabanetán coa condición de líder e cunha xeira de 5 victorias consecutivas, as mesmas que o Lesende que aumentou a conta ata 6. Os locais venceron por un solitario gol a cero, anotado por Jorge a 5 minutos para o final do partido ó rematar un medido pase da morte de Hugo.

Os lousamianos desperdiciaron incontables ocasións de gol, sobre todo de Julio e sufriron a expulsión de Dani Campos ós 5 minutos da segunda parte por doble cartón amarelo. Como xa acontecera no partido contra o Sálvora unha acción infantil súa deixou ó equipo en inferioridade numérica durante bastantes minutos.

Afortunadamente o Lesende foi capaz de superar ese contratempo e sacar adiante o partido.

jueves, 20 de diciembre de 2007

Os vestiarios do campo de Lesende serán obxecto dunhas reparacións para emendar problemas

O mandatario municipal de Lousame, Santiago Freire Abeijón, comentou onte que desde o Concello estanse acometendo unha serie de arranxos nas instalacións do campo de fútbol de Cabanetán, na parroquia de Lesende, para solucionar uns problemas detectados, como os fallos na subministración de auga quente ás duchas dos vestiarios.

Por parte da directiva do clube desa localidade déuselle traslado ao executivo local desas deficiencias.

O rexedor indicou que os operarios comprobaron que había un fallo na bomba que repercutía no funcionamento do quentador.

Freire Abeijón asegurou que o problema da falta de auga quente xa quedou resolto, aínda que agregou que os traballos no campo de fútbol de Lesende aínda non finalizaron, entre outros motivos porque están instalando un segundo circuíto por se falla o primeiro.

As instalacións son utilizadas de forma frecuente por numerosos xogadores de diferentes categorías.

La Voz de Galicia

lunes, 17 de diciembre de 2007

Clasificacións a 17 de decembro

TERCEIRA AUTONÓMICA




XUVENILES




CADETES




INFANTILES

domingo, 16 de diciembre de 2007

5ª victoria consecutiva

Esta tarde o Lesende acadou en Rianxo a quinta victoria consecutiva en Liga, que serían 6 contando o partido de Copa do Sar. Impúxose por 0 goles a 2 a un Unión de Asados que se empregou con bastante dureza no xogo. Os goles foron anotados na segunda metade por Hugo(procedente do Noia C.F. e que debutaba hoxe) e por Alberto Rial(éste xa no tempo de desconto).

Cabe destacar o partidazo da defensa lesendista, que hoxe estivo formada por Juan Manuel na portería(fixo 2 paradas impresionantes nas únicas ocasións dos unionenses), Villa e Juanma como centrais(impecables ambos) e Pana e Eloy como laterais(este último estivo a piques de marcar dende uns 40 metros pero o balón estrelouse no longueiro).

Os visitantes reclamaron alomenos 3 penaltis claros que non foron observados polo árbitro e volveron a desperdiciar numerosas ocasións claras de gol, sobre todo por Julio que non tivo unha tarde afortunada.

Como nota negativa, Felipe tivo que abandoar o terreo de xogo ós 10 minutos da pimeira parte ó sufrir un golpe fortísimo na man dereita logo dun empurrón dun contrario, e tivo que desplazarse ata Santiago pra realizar unhas placas, nas que se lle observou unha rotura do óso escafoides e pola cal lle puxeron unha férula pra inmoviliza-la zona danada. Dende aquí desexamoslle unha pronta recuperación.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Clasificacións a 10 de decembro

TERCEIRA AUTONÓMICA





XUVENILES





CADETES





INFANTILES

domingo, 9 de diciembre de 2007

Victoria sufrida

Importantísima e moi sufrida victoria esta tarde en Cabanetán diante do Cures.

A pesares de que o partido se puxo de cara para o equipo local, que se adiantou no marcador ó pouco e comeza-lo encontro gracias a un gol de Alberto Rial, as cousas cambiaron pouco despois, cando o xogador máis perigoso do Cures, Albertín, empatou o encontro ó anotar de volea tras facerlle un sombreiro a Bernabé dentro da área. E antes de chegar ó descanso o Cures deulle á volta ó marcador ó aproveitar o enésimo erro defensivo da temporada tras un saque de banda. Hai que decir que Roberto, que tuvo que xogar inesperadamente como porteiro, non puido facer nada en ningún dos 2 goles. Antes diso, tanto Alberto como Julio desperdiciaron varias ocasións claras.

Sen embargo, logo do descanso o Lesende saiu máis enchufado e ós 5 minutos da reanudación Julio, de penalti empatou o encontro. E a 5 minutos para o final, unha xogada iniciada por Miguel e na que tamén participaron Jorge e Alberto fianalizouna Adrián(que acababa de entrar) ó culminar un pase de Chicho.

jueves, 6 de diciembre de 2007

Bo inicio na Copa

Esta tarde o Lesende impúxose claramente ó Luou por 3 goles a cero, resultado moi curto tendo en conta as ocasións desperdiciadas polos locais, sobre todo na segunda metade.

Marcaron Jorge, por partida dobre, e Alberto Rial. O partido de volta xogarase ó remata-la liga.

martes, 4 de diciembre de 2007

Copa do Sar

Como xa anunciabamos no mes de setembro, este xoves o Lesende disputa o partido de ida da segunda ronda da Copa do Sar. Inicialmente dito partido ía a disputarse no campo do noso rival, o Luou, pero finalmente celebrarase en Cabanetán por mor duns actos vandálicos que o equipo rival sufriu no seu campo. O partido comezará as catro da tarde.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Clasificacións da Xornada

TERCEIRA AUTONÓMICA




XUVENILES





CADETES


















INFANTILES

domingo, 2 de diciembre de 2007

Caeu o líder!

Primeira derrota da temporada para o (ata esta xornada) líder da clasificación: O Puebla.

O Lesende C,F. impúxose esta tarde no campo da Alta por cero goles a un, tanto anotado polo enrachado Julio. Con esta victoria lesendista apretanse un pouco máis os postos altos da clasificación.