jueves, 20 de diciembre de 2007

Os vestiarios do campo de Lesende serán obxecto dunhas reparacións para emendar problemas

O mandatario municipal de Lousame, Santiago Freire Abeijón, comentou onte que desde o Concello estanse acometendo unha serie de arranxos nas instalacións do campo de fútbol de Cabanetán, na parroquia de Lesende, para solucionar uns problemas detectados, como os fallos na subministración de auga quente ás duchas dos vestiarios.

Por parte da directiva do clube desa localidade déuselle traslado ao executivo local desas deficiencias.

O rexedor indicou que os operarios comprobaron que había un fallo na bomba que repercutía no funcionamento do quentador.

Freire Abeijón asegurou que o problema da falta de auga quente xa quedou resolto, aínda que agregou que os traballos no campo de fútbol de Lesende aínda non finalizaron, entre outros motivos porque están instalando un segundo circuíto por se falla o primeiro.

As instalacións son utilizadas de forma frecuente por numerosos xogadores de diferentes categorías.

La Voz de Galicia

No hay comentarios: