domingo, 23 de diciembre de 2007

Caeu o líder, outra vez!!!

Chegaba o Bealo a Cabanetán coa condición de líder e cunha xeira de 5 victorias consecutivas, as mesmas que o Lesende que aumentou a conta ata 6. Os locais venceron por un solitario gol a cero, anotado por Jorge a 5 minutos para o final do partido ó rematar un medido pase da morte de Hugo.

Os lousamianos desperdiciaron incontables ocasións de gol, sobre todo de Julio e sufriron a expulsión de Dani Campos ós 5 minutos da segunda parte por doble cartón amarelo. Como xa acontecera no partido contra o Sálvora unha acción infantil súa deixou ó equipo en inferioridade numérica durante bastantes minutos.

Afortunadamente o Lesende foi capaz de superar ese contratempo e sacar adiante o partido.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ANIMO LESENDE, AHORA A POLO CRUIDO, QUE VEÑEN CON GANAS DE REVANCHA.

Anónimo dijo...

ESTOU MOI SATISFEITO DO TRABALLO DE TODOLOS XOGADORES, SEI QUE A TODOS LLES GUSTA XOGAR PERO É COMPLICADO CONTENTAR A TODOS. ESPERO QUE O VOSO TRABALLO SIGA SENDO IMPECABLE, COMO O FOI NESTA PRIMEIRA VOLTA,XA QUE É, DESTE XEITO, CO VOSO TRABALLO CONSTANTE,E INCONDICIONAL TANTO DOS QUE SAEN Ó PRINCIPIO DOS PARTIDOS COMO OS QUE NON, QUE INCLUSO SON MÁIS IMPORTANTES PARA O EQUIPO, E DESTE XEITO COMO UN GRAN EQUIPO, POIDAMOS, CO TRABALLO DE TODOS SEGUIR LOITANDO PARA ACADAR O ANSIADO ASCENSO.

DEXESOVOS UN FELIZ NADAL EN COMPAÑIA DE TODOS OS VOSOS SERES QUERIDOS E QUE DISFRUTEDES DESTAS FESTAS.