domingo, 16 de diciembre de 2007

5ª victoria consecutiva

Esta tarde o Lesende acadou en Rianxo a quinta victoria consecutiva en Liga, que serían 6 contando o partido de Copa do Sar. Impúxose por 0 goles a 2 a un Unión de Asados que se empregou con bastante dureza no xogo. Os goles foron anotados na segunda metade por Hugo(procedente do Noia C.F. e que debutaba hoxe) e por Alberto Rial(éste xa no tempo de desconto).

Cabe destacar o partidazo da defensa lesendista, que hoxe estivo formada por Juan Manuel na portería(fixo 2 paradas impresionantes nas únicas ocasións dos unionenses), Villa e Juanma como centrais(impecables ambos) e Pana e Eloy como laterais(este último estivo a piques de marcar dende uns 40 metros pero o balón estrelouse no longueiro).

Os visitantes reclamaron alomenos 3 penaltis claros que non foron observados polo árbitro e volveron a desperdiciar numerosas ocasións claras de gol, sobre todo por Julio que non tivo unha tarde afortunada.

Como nota negativa, Felipe tivo que abandoar o terreo de xogo ós 10 minutos da pimeira parte ó sufrir un golpe fortísimo na man dereita logo dun empurrón dun contrario, e tivo que desplazarse ata Santiago pra realizar unhas placas, nas que se lle observou unha rotura do óso escafoides e pola cal lle puxeron unha férula pra inmoviliza-la zona danada. Dende aquí desexamoslle unha pronta recuperación.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡ANIMO FELIPE ! EN QUINCE DIAS ESTAS NOVO,ELOY SE ENTRA ESE TIRO TEU DENDE ( CASE O MEDIO DO CAMPO) FICHACHE O CRUIDO NO SITIO DO SEU LATERAL DEREITO MATO.UN SAUDO PARA TODOS OS CARACOLES.

Anónimo dijo...

OLVIDAVAME DE TI JULIO. ¡ANIMO! OS GOLES ENTRAN POR RACHAS, AINDA QUE ONTE TIÑAS A POLVORA MOLLADA. QUE DECIR DE PROL(ARBITRO) NA SUA LIÑA DE PESIMO COMA SEMPRE.