domingo, 9 de diciembre de 2007

Victoria sufrida

Importantísima e moi sufrida victoria esta tarde en Cabanetán diante do Cures.

A pesares de que o partido se puxo de cara para o equipo local, que se adiantou no marcador ó pouco e comeza-lo encontro gracias a un gol de Alberto Rial, as cousas cambiaron pouco despois, cando o xogador máis perigoso do Cures, Albertín, empatou o encontro ó anotar de volea tras facerlle un sombreiro a Bernabé dentro da área. E antes de chegar ó descanso o Cures deulle á volta ó marcador ó aproveitar o enésimo erro defensivo da temporada tras un saque de banda. Hai que decir que Roberto, que tuvo que xogar inesperadamente como porteiro, non puido facer nada en ningún dos 2 goles. Antes diso, tanto Alberto como Julio desperdiciaron varias ocasións claras.

Sen embargo, logo do descanso o Lesende saiu máis enchufado e ós 5 minutos da reanudación Julio, de penalti empatou o encontro. E a 5 minutos para o final, unha xogada iniciada por Miguel e na que tamén participaron Jorge e Alberto fianalizouna Adrián(que acababa de entrar) ó culminar un pase de Chicho.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ELOY CAMPEON, NON LLE FAGAS CASO A SANCHIS, QUE PARA GORDO XA TEMOS A CASAIS E NON TE PREOCUPES, QUE ME DIXO UN PAXARIÑO QUE O PROXIMO PARTIDO XOGAS DE TITULAR,ESTE ANO ESTAMOS TENDO MENOS LESIONADOS DE MOMENTO, PENSO EU QUE E DEBIDO AS ROTACIONS DO MISTER, ISO E BO.UNA SAUDO PARA CAIMAN(DECIRLLE QUE HOXE LUNES TEN CURRELO)