jueves, 29 de noviembre de 2007

Calendario do mes de decembro

Xornada 14 - 02/12/2007

PUEBLA C.F. vs LESENDE C.F. C. LOUSAME

Xornada 15 - 09/12/2007

LESENDE C.F. C. LOUSAME vs CURES, S.D.

Xornada 16 - 16/12/2007

C.D. UNION B vs LESENDE C.F. C. LOUSAME

Xornada 17 - 23/12/2007

LESENDE C.F. C. LOUSAME vs
C.D. GALICIA-BEALO



lunes, 26 de noviembre de 2007

Pleno de victorias
















































































Imaxes sacadas da web de El Correo Gallego





Ca victoria de onte, o Lesende C.F. ascende ata o cuarto posto da clasificación. O equipo cadete segue imparable e impúxose con total autoridade na casa do Porto do Son, que ocupaba a segunda posición, por cero goles a seis. O equipo infantil acadou unha victoria importantísima na casa diante do Compostela, mentres que o equipo xuvenil descansou esta xornada.

domingo, 25 de noviembre de 2007

Nova victoria pra despedir novembro

Esta tarde o Lesende impúxose de maneira clara en Cabanetán ó Olveira por 4 goles a 1.

Non comezaron ben as cousas pois un despiste defensivo fixo que o Olveira se adiantase no marcador ó pouco de comeza-lo encontro. Sen embargo, pouco despois Julio puxo o empate tras anotar dende o punto de penalti. Tamén Julio, tras un gran pase de Ángel anotou o segundo gol escasos minutos despois e un pouco antes do remate da primeira metade Fran anotou o terceiro.

Chegando ó final do encontro novamente Julio acadou o seu terceiro tanto da tarde ó rematar un pase de Campos.


Reultado curto xa que cabe destacar a gran cantidade de oportunidades desperdiciadas polos locais; Teira e Miguel toparonse co pau e tanto Alberto como Julio fallaron varios man a man diante do porteiro visitante.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Clasificacións a 19 de Novembro

















































































Imaxes sacadas da web de El Correo Gallego




Cara e cruz para os equipos lesendistas. Victorias contundentes para os equipos senior e cadete e derrotas para os equipos xuvenil e infantil.

domingo, 18 de noviembre de 2007

Baroña - Lesende

Nova victoria a domicilio, por 0 goles a 3, no campo do colista. Partido complicado, con moitas imprecisións que provocaron que os locais dispuxeran de varias oportunidades claras diante do porteiro, que foron solventadas por Juan Manuel ou non encontraron portería.

A primeira metade acabou con victoria mínima lesendista, gracias a un tanto de Miguel ó rematar un saque de falta. Nos derradeiros 10 minutos Teira e Fran completaron o marcador.

lunes, 12 de noviembre de 2007

Clasificacións a 12 de Novembro

















































































Imaxes sacadas da web de El Correo Gallego




Cabe destaca-la goleada a domicilio lograda polos cadetes, que comandan incontestablemente a clasificación.

Unha mágoa que o equipo senior non fora capaz de sacar máis que un punto onte, pois os resultados da xornada foron moi favorables debido ó gran número de empates sumados polos equipos da zona alta da táboa.

domingo, 11 de noviembre de 2007

10 puntos de 12

Fin de semana positivo para os equipos lesendistas que case conseguen o pleno de victorias, a excepción do equipo senior que deixou escapar 2 puntos na casa diante do Aguiño.

O conxunto ribeirense practicamente só disparou con perigo entre os tres paus na ocasión da primeira metade na que conseguiron o 0-1, que, como xa pasara diante do Crocha, volveu a vir tras un saque de banda. Poucos minutos despois Campos puxo o 1-1 definitivo no marcador.

Sen embargo moito antes diso as cousas puideron poñerse bastante máis favorables para o equipo lesendista xa que o mesmo Campos estrelou un balón na cruceta e tanto Ángel como Julio non superon aproveitar unha ocasión inmellorable pra adiantarse no marcador: o primeiro fallou un penalti e o segundo non supo definir no rechace estrelando o balón no corpo do porteiro.

Na segunda metade Miguel dispuxo doutra clarisima ocasión pero no man a man disparou moi desviado por riba da portería.

A vindeira semana saída moi favorable na que non debería de haber problemas en acada-los 3 puntos en xogo.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Charla sobre «Nutrición deportiva» en Lesende

Charla sobre «Nutrición deportiva» en Lesende

Laureano Domínguez, docente e profesional da nutrición, é o encargado de imparti-la charla informativa que, baixo o título de Nutrición deportiva , desenrolarase mañá, a partires das 19.00 horas, no local social de Cabanetán (Lesende).

A charla, que en definitiva versará sobre a importancia da alimentación tanto na vida cotiá como no deporte, está dirixida ós rapaces e rapazas que son alumnos da Escola Municipal de Fútbol Concello de Lousame/Lesende, pero tamén está aberta a calquer persoa interesada nesta temática.

O departamento de Deportes de Lousame, organizador do acto, mostrou o seu agradecemento ó IES Pobra do Caramiñal pola súa colaboración ó facilita-lo nome do docente.

La Voz de Galicia

lunes, 5 de noviembre de 2007

Espectacular inicio de Liga do equipo cadete
















































































Imaxes sacadas da web de El Correo Gallego







Non puido comezar de mellor xeito a temporada para o equipo cadete. Acadaron o liderato despois de impoñerse con absoluta autoridade ó Unión de Rianxo por un aplastante 10 a 0.

No tocante ó resto das categorías inferiores non houbo tanta sorte: Os equipos xuvenil e infantil sucumbiron a domicilio e ambos son cuartos pola cola das súas respectivas clasificacións.

domingo, 4 de noviembre de 2007

Victoria doada

0-5. Ese foi o resultado acadado en Nebra diante do, posiblemente, peor equipo da categoría. Marcaron, na primeira parte, Bernabé (de falta directa dende o centro do campo que se comeu o porteiro), Juanma, Fran e o porteiro local en propia meta. Na segunda metade Alberto Rial completou o marcador.

jueves, 1 de noviembre de 2007

Calendario do mes de Novembro

3ª Rexional:

Xornada 10 - 04/11/2007

NEBRA C.F. VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

Xornada 11 - 11/11/2007

LESENDE C.F. C. LOUSAME VS S.D. XUVENTU AGUIÑO

Xornada 12 - 18/11/2007

BAROÑA, C.F. VS LESENDE C.F. C. LOUSAME

Xornada 13 - 25/11/2007

LESENDE C.F. C. LOUSAME VS OLVEIRA C.F.