domingo, 11 de noviembre de 2007

10 puntos de 12

Fin de semana positivo para os equipos lesendistas que case conseguen o pleno de victorias, a excepción do equipo senior que deixou escapar 2 puntos na casa diante do Aguiño.

O conxunto ribeirense practicamente só disparou con perigo entre os tres paus na ocasión da primeira metade na que conseguiron o 0-1, que, como xa pasara diante do Crocha, volveu a vir tras un saque de banda. Poucos minutos despois Campos puxo o 1-1 definitivo no marcador.

Sen embargo moito antes diso as cousas puideron poñerse bastante máis favorables para o equipo lesendista xa que o mesmo Campos estrelou un balón na cruceta e tanto Ángel como Julio non superon aproveitar unha ocasión inmellorable pra adiantarse no marcador: o primeiro fallou un penalti e o segundo non supo definir no rechace estrelando o balón no corpo do porteiro.

Na segunda metade Miguel dispuxo doutra clarisima ocasión pero no man a man disparou moi desviado por riba da portería.

A vindeira semana saída moi favorable na que non debería de haber problemas en acada-los 3 puntos en xogo.

No hay comentarios: