domingo, 25 de noviembre de 2007

Nova victoria pra despedir novembro

Esta tarde o Lesende impúxose de maneira clara en Cabanetán ó Olveira por 4 goles a 1.

Non comezaron ben as cousas pois un despiste defensivo fixo que o Olveira se adiantase no marcador ó pouco de comeza-lo encontro. Sen embargo, pouco despois Julio puxo o empate tras anotar dende o punto de penalti. Tamén Julio, tras un gran pase de Ángel anotou o segundo gol escasos minutos despois e un pouco antes do remate da primeira metade Fran anotou o terceiro.

Chegando ó final do encontro novamente Julio acadou o seu terceiro tanto da tarde ó rematar un pase de Campos.


Reultado curto xa que cabe destacar a gran cantidade de oportunidades desperdiciadas polos locais; Teira e Miguel toparonse co pau e tanto Alberto como Julio fallaron varios man a man diante do porteiro visitante.

No hay comentarios: