martes, 1 de julio de 2008

Veracruz e Zona Vella, novidades en Segunda de Barbanza

Dúas serán as novidades que presentará o grupo cuarto de Segunda Autonómica para a próxima tempada, segundo a proposta que levarán os reitores da delegación compostelá da Federación Galega de fútbol ao plenillo zonal, que está convocado para as 20.30 horas de hoxe nas instalacións do Hotel Congreso, situado no municipio de Teo. Segundo esta proposta, que seguramente será aprobada, dous equipos de Santiago formarán no grupo barbancés: o Veracruz e o Zona Vella.

Xunto a estes dous novos colectivos estarán outros dezaseis conxuntos, dos cales sete son da área barbancesa: os ascendidos Crocha e Lesende-Lousame, Taragoña, Abanqueiro, Atlético Oleiros, Porto do Son e Sporting Lampón. Os demais son: Lavacolla, Agrón, Escravitude, Conxo, Cordeiro, Belvís, Bastavales, Cidade de Santiago B (descendido) e Dodro.

O campión dará o salto á Primeira Autonómica e os catro últimos caerán no pozo de Terceira, onde poderían ser arrastrados outros segundo cóllaos ou non a fervenza.

La Voz de Galicia