lunes, 28 de abril de 2008

6 anos despois...

6 anos despois, e novamente en plenas festas de San Marcos, o Lesende C.F. volve a acadar o ascenso á Segunda Autonómica.

A pesares de xogar fóra da casa, contra un rival que xa superaba os 100 goles a favor, de non poder contar co adestrador por motivos laborais e de atoparnos nunha fin de semana de festas, O equipo botoulle ó que lle había que botar e sacou adiante o partido con moito esforzo e con moita seriedade defensiva.

Un solitario gol de Hugo no minuto 20, tras un saque de falta que ninguén chegou a tocar e que se colou mansamente na portería local, serviu para lograr a victoria que nos devolve 2 anos despois á categoría que nunca debemos de abandonar.

Sen esquecernos de ningún dos 19 xogadores que onte estaban en condicións de xogar (aínda que só puideron ser 16 os convocados), a gran protagonista do partido foi a defensa lesendista comandada por un impresionante Juan Manuel, co que de seguro os dianteiros bealistas tiveron pesadelos esta noite.

E agora a disfrutar ca Copa do Sar.

No hay comentarios: