martes, 2 de octubre de 2007

Segunda derrota consecutiva

Este pasado domingo, o Lesende veu de sufri-la súa segunda derrota da tempada(e 2º consecutiva) na Pobra do Caramiñal perante o Crocha. Contaba cas baixas de última hora de Juan manuel na portería e de Fran no ataque.

As cousas puxeronse de cara para o Lesende tras adiantarse no marcador no primeiro cuarto de hora, gracias a un libre directo lanzado por Miguel que o porteiro local despexou de puños cara arriba e que, nun segundo intento de despexe, acabou por introduci-lo balón na súa propia portería.

Poucos minutos despois, un erro da defensa local propiciou que Julio se quedara só diante do porteiro, pero non foi capaz de definir e o balón saiu preto do poste esquerdo.

Sen embargo, a partires de ahi o dominiu correspondeu ó Crocha que nunha xogada embarullada dentro da área conseguiu o gol do empate tras un remate de cabeza. E poucos minutos despois deulle a volta ó marcador tras un calamoroso error defensivo do Lesende, pois o dianteiro local recibiu un balón na área pequena tras un saque de banda.

Co 2 a 1 favorable ós locais chegouse ó descanso. Na segunda parte o Lesende saltou ó campo con catro xogadores de recambio, pero as cousas non cambiaron. Outro incomprensible erro da defensa permitiu que un xogador local rematara completamente só dentro da área, tras recibir un balón de saque de banda que previamente botou no campo e sobrepasou ós centrais lesendistas.

Julio anotou o segundo tanto de Lesende dende os 11 metros, logo de que Alberto Rial(que entrou no descanso) fose derrubado dentro da área.

Sen embargo de pouco serviu, xa que unha falta canto menos dubidosa ó borde da área lesendista serviu para que o nº 7 local anotara o seu terceiro gol do partido, tras pegar o balón no longueiro.

A próxima xornada recibiremos ó Portosín, que ven de puntuar esta xornada.

No hay comentarios: