jueves, 18 de octubre de 2007

Tropezo en Artes















































O pasado domingo o Lesende C.F. acadou soamente un punto na súa visita ó campo do Artes. Non comezaron ben as cousas pois soamente levaban transcorridos 5 minutos de xogo cando Villa tivo que abandoa-lo campo debido a un corte na cabeza polo que sangraba abundantemente , producto dun choque ca cabeza dun contrario. Debido a isto, precisou de atención médica no Hospital da Barbanza, onde lle puxeron 3 puntos de sutura.

Chegando á metade do primeiro tempo, o Artes adiantouse no marcador ó aproveitar unha indecisión defensiva entre Juan Manuel e os centrais. Co 1 a 0 chegouse ó final dos primeiros 45 minutos.

Na segunda parte o Lesende saiu con outra mentalidade e ós 10 minutos logrou o tanto da igualada gracias a Alberto Rial, ó aproveitar un rexeite.

Sen embargo, as cousas torceronse coa expulsión de Bernabé ó ver o segundo cartón amarelo logo dunha entrada. O Artes apenas creaba perigo de cara á portería lesendista, pero estaba sobrado de dureza no xogo. Isto propiciou que o árbitro igualara o número de xogadores dos 2 bandos logo de que un xogador do Artes fora expulsado con vermello directo tras unha entrada por detrás e sen opción de xogar o balón ó nocello dereito de Jorge.

Pouco despois, e co Lesende dominando, unha xogada sen aparente perigo rematou cun penalti máis que riguroso, por non decir inexistente, a prol do Artes. Juan Manuel chegou a desviar o lanzamento pero non foi quen de detelo.

Novamente os xogadores do Artes volveron a sacar a súa dureza a relucir, cando un xogador sacou o codo impactando novamente na cara de Jorge. Desta vez o árbitro non quixo complicarse con outra expulsión, que era merecida.

A pouco para o remate do encontro, o colexiado sinalou outro penalti igual de dubidoso que o primeiro, pero esta vez a prol do Lesende. Angelito non fallou e puxo a igualada no marcador. O mesmo Angelito dispuxo pouco despois dunha nova oportunidade para marcar, pero o seu disparo de volea saiu lixeiramente desviado.

Esta xornada toca descanso, o que se vai aproveitar para a disputa dun amigable contra a sección de veteranos do Lesende, o sábado as 7 da tarde.

Noutra orde de cousas, o equipo infantil acadou unha nova victoria, moi sufrida, e xa vai pouco a pouco escalando postos na clasificación e alonxándose na zona de descenso.

Nota. imaxes sacadas da web de El Correo Gallego

No hay comentarios: