lunes, 14 de enero de 2008

Día 13

TERCEIRA AUTONÓMICA























XUVENILES


















CADETES
















INFANTILES
























Complicanse as cousas logo do partido contra o Xuño. á espera do que decidan na Federación, o partido queda supendido a falta de 10 minutos e con 3-2 favorable ós xuñistas.
O Lesende adiantouse no marcador ós 10 minutos ó culminar Alberto Rial unha boa xogada colectiva. Julio puido aumentar o marcador ó cuarto de hora pero o porteiro desviou o seu disparo ó longueiro. Pouco despois os locais empataron o encontro.

Ó filo na media hora Alberto Rial convirteu maxistralmente unha falta directa, que entrou pola escadra dereita do porteiro. Sen embargo pouco durou a ledicia lesendista xa que 2 minutos despois Eloy, no seu intento de despexar, acabou introducindo o balón na súa propia portería.

Co empate chegouse ó descanso e na segunda metade o dominio e as ocasións corresponderon ós visitantes, que anotaron un gol fantasma por medio de Julio que o árbitro non veu ou non quixo ver dentro, pois o balón traspasou a liña de gol claramente, feito incluso recoñecido a posteriori por varios xogadores do conxunto local.

Os lesendistas continuaron creando ocasións de perigo que non remataban en gol por pouco, pero os xuñistas aproveitaron un contragolpe para plantarse diante de Juan Manuel, que cometeu falta sobre un dianteiro local. Aínda que a xogada rematou en gol, o árbitro decidiu pitar falta e expulsar ó porteiro visitante. Roberto tivo que ocupa-la portería, cousa que os locais aproveitaron para poñerse por diante no marcador nese lanzamento de falta.

A raíz disto viría un enfrentamento entre o adestrador visitante e o colexiado, o que fixo que éste último tomara a decisión de suspende-lo partido.


No tocante ás categorías inferiores cabe destacar unha nova e apabullante victoria do equipo cadete que segue a comanda-la súa clasificación con autoridade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O LESENDE SEMPRE XOGA CONTRA DOCE 11 XOGADORES MAIS O ARBITRO, ESTE NON TEN PERDON DE DIOS, ANIMO ELOY...SON COUSAS QUE PASAN, TEMOS QUE SEGUIR NESA LIÑA DE OCASIONS, ASI QUE OS ARBITROS NOS BOTEN UNHA (AXUDIÑA), ESTAREMOS DESTACADOS NA CLASIFICACION,POR OCASIONS E POR XOGO.

Anónimo dijo...

Sede obxetivos e non defendades o equipo pase o que pase.
Somos un dos equipos mais castigados da categoría e Fonsi xa non e a primeira vez que perde os papeles. Na Puebla xa fixo o ridículo e ahora en Xuño. Mal vamos si seguimos o exemplo do adestrador e trasladamos o terreo de xogo a súa malaeducación e violencia.
A diretiva debería tomar medidas, porque xa chove sobre mollado.