domingo, 30 de marzo de 2008

Olveira - Lesende

Con un resultado de 1-4 solventou o Lesende a súa visita ó campo do Olveira. Pese ó que poida parecer polo resultado, non foi un partido doado pois o conxunto local adiantouse cedo no marcador ó transformar un penalti cometido por Juanma. O Lesende non chegaba con claridade á meta rival e cometía numerosas imprecisións nos pases. Sen embargo as cousas comezaron a cambiar no borde do descanso gracias á expulsión dun xogador local por derribar a Alberto cando se iba só cara a porta. Pouco despois Julio lanzou fóra un penalti sinalado por unhas mans na área.

Non pintaban ben as cousas,sen embargo na segunda metade o Lesende saiu máis enchufado e doulle a volta ó marcador gracias a 2 goles de Alberto Rial. Rober anotou o terceiro de cabeza á saída dun corner e Fran cerrou a conta goleadora ó empuxar a placer un pase da morte de Julio.

A destacar o debut na portería de Ramón, porteiro do equipo cadete, o que supón o noveno porteiro diferente nesta tempada(o citado Ramón, os porteiros do equipo xuvenil Manuel e Tono, Juan Manuel, Alberto Tubío, Siso, Rober, Jorge e Alberto Rial)

No hay comentarios: