lunes, 4 de febrero de 2008

Carnavais 2008

TERCEIRA AUTONÓMICA

























XUVENILES



















CADETES

















INFANTILES
























Presentábase un partido complicado o de onte, coa visita do Crocha, terceiro clasificado. O partido respondeu ás espectativas e os dous equipos demostraron porque ocupan as posicións altas da clasificación. Con alternativas para os dous bandos, sen embargo as ocasións máis claras na primeira metade foron para o Lesende, pero faltou puntería. Na segunda metade os visitantes dispuxeron de varias ocasións que foron desbaratadas por Siso, porteiro que defenderá a porta lesendista ata fin de temporada debido á sanción de Juan Manuel.
O Lesende adiantouse no marcador mediada a segunda metade, tras un gran disparo de Hugo desde fora da área, que entrou tras bater o balón no longueiro. Sen embargo, a 10 minutos para o final, o árbitro sinalou penalti a prol dos visitantes por mans de Villa dentro da área; penalti moi riguroso pois, aínda que o balón efectivamente golpeou no brazo do central, éste tiñao pegado ó corpo e non houbo voluntariedade na acción. O colexiado lalinense non opinou o mesmo e o Crocha acadou o gol do empate por mediación de Butra.
Con este resultado e ca derrota no partido de ida, o golaverage particular queda favorable ó Crocha.

No tocante ás categorías inferiores, ningún dos 3 equipos coñeceu a derrota.

*Os xuveniles acadaron un meritorio empate en Abanqueiro, tendo en conta que se presentaron con soamente 10 xogadores e cun xogador de campo actuando como porteiro. Pese a adiantarse 3 veces no marcador acabaron empatando a 3 e con 7 xogadores debido a varias expulsións.

*O equipo cadete segue contando os seus partidos por victorias e comandando a clasificación con autoridade.

*O equipo infantil dou un paso atrás, xa que empatou sen goles diante do colista e o seu máis inmediato rival pola permanencia gañou o seu partido, polo que aumentou a distancia entre ámbolos 2 equipos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alguen pode explicar que vai pasar por alinear o outro día a Siso? Quen e o responsable desta chafullada? Sabemos todos que temos unha reclamación por alineación indebida e que lle van dalos 3 puntos o Crocha? Fanse así as cousas?