miércoles, 18 de junio de 2008

Este sábado, a gran final en Santiago

A Copa do Sar de cadetes será para un equipo da comarca

Xuventude Aguiño B e Lesende pelexarán polo cordón o sábado en Santiago

O campión da Copa do Sar cadete será da zona, pois a final protagonizarana o Xuventude Aguiño B e o Lesende. Tal como estaba previsto, os dous elencos superaron ao Ortoño e ao Calo nos dous envites das semifinais, respectivamente. O partido decisivo celebrarase o vindeiro sábado en Santiago e xogarase no campo de Santa Isabel, a partir das sete da tarde.

O cadro aguiñense, que tiña unha vantaxe de 4-2 da ida, non deu nin a máis mínima opción ao seu opoñente no recinto da Tasca, ante uns 100 espectadores, onde despediu ao Ortoño cun set (6-0). Antes do descanso, José Ángel , Viturro (2) e Ángel sentenciaron a eliminatoria. Despois, Viturro e Rubén completaron a goleada. Xuventude Aguiño: Chile; Crujeiras (Ander, min 50), Iago, Mario, Jiti, José Ángel , Dani, Ángel (Rubén, min 55), Adrián , Pardavila (Santi, min 60) e Viturro.

Dirixiu o partido Martínez Millán (delegación de Boiro). Sen ningún problema.

Cunha renda de 3-0 acudiu o Lesende ao terreo do Calo. O conxunto local saíu a cen. Empuxou aos de Néstor contra a súa parcela e someteunos a un acoso e derriba que obtivo o seu froito aos dez minutos (1-0). Pero cando o partido camiñaba cara ao descanso, Borja asestou un golpe baixo aos de Teo co 1-1 (min 35).

Intermedio

Despois do intermedio, os anfitrións volveron envorcarse. Os de Lousame souberon rendibiliza os espazos que deixaron ás súas costas e Adrián (min 45) rebentou o partido. O mesmo Adrián volvería estirar o marcador ata o 1-4 fronte un opoñente que xa baixara os brazos. Jorge selou o marcador co definitivo 5-1.

Lesende:

Álex (Ramón, min 30); Carlos, Julio , Xandre, Brais, Sergio, Oliver, Borja (Jesús, min 50), Trillo (o infantil Iván, min 67), Jorge e Adrián (o infantil Chicho, min 65).

O Concello de Lousame xa anunciou que porá un autobús a disposición dos afeccionados ou afeccionadas interesados e interesadas en acompañar ao equipo a Santiago. Aínda que para iso deberán anotarse ata o venres na oficina de deportes do Concello ou ben chamando aos teléfonos 981 820 494 e 620 859 345.

Tamén os aguiñenses porán un autobús para desprazarse ao recinto de Santa Isabel e apoiar ao seu elenco. Os interesados en viaxar poden apuntarse nas instalacións do campo da Tasca, desde onde partirá o vehículo o vindeiro sábado, a partir das 17.15 horas.

No hay comentarios: