martes 24 de junio de 2008

Subcampionato de Copa do Sar

Non puido ser e o Lesende cadete non puido levanta-la copa de campión da Copa do Sar, logo de caer derrotado en Santa Isabel por 2 goles a 0 diante do Aguiño B. Como era de esperar a gran maioría dos xogadores do conxunto rival pertencían ó Aguiño A, recente campión da Liga Gallega e que xogará a vindeira campaña na División de Honra.
Os goles resultaron psicolóxicos, pois o primeiro veu dun centrochut dende a banda dereita que sorprendeu adiantado a Álex e o segundo veu tras un saque de esquina a piques de chegarse ó descanso. A entrada de Ramón na portería lousamiana na segunda metade pareceu dar tranquilidade ós lesendistas que, sen embargo, non foron capaces de concretar ningunha ocasión clara de gol para recortar distancias.