miércoles, 25 de junio de 2008

Néstor Romero Agra é o novo adestrador do Lesende

Néstor Romero Agra é o novo adestrador do Lesende


Todo apuntaba a que os clubs da comarca de Segunda Autonómica manterían maioritariamente nos seus bancos aos adestradores da pasada tempada. Con todo, o Lesende e o Sporting Lampón romperon a dinámica prevista.

O club do municipio de Lousame prescindiu dos servizos de Alfonso Balderrábano Mayo, que conduciu o cadro lesendista ao ascenso, para contratar a Néstor Romero Agra.

O técnico do conxunto cadete lousamiano anunciou que este ano deixará a actividade futbolística no Noia, debido a unha lesión crónica nun xeonllo, e que se fará cargo do persoal sénior lousamiana.

Manuel Pouso, presidente do Lesende, doutra parte, informou que o venres (21.30 horas) celebrarase unha asemblea extraordinaria para decidir un cambio de dirixentes ou para ratificar aos existentes. O primeiro directivo indicou que a súa continuidade dependerá de que se acepten certas condicións que esixe. Tamén informou de que o lateral e central Miguel Maroñas pediu a baixa para fichar polo Noia. O xogador chegou ao Lesende tras pasar polos xuvenís do Atlético Ribeira.

La Voz de galicia

No hay comentarios: